Lete Lasa Xunta de Galicia FederacionsActividades Destacado Es noticia 

Asinados os convenios de colaboración da Xunta de Galicia coas federacións deportivas da área de Ourense

  • Lete Lasa asinou na mañá de hoxe os convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas da área de Ourense que neste 2020 medran nun 2%
  • Por primeira vez, todas as federacións deportivas de Galicia poderán desfrutar canto antes do pagamento total do orzamento do convenio grazas á súa tramitación de xeito anticipado

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou na mañá de hoxe os convenios de colaboración coas federacións deportivas galegas da área de Ourense. Estes acordos posibilitarán que estas entidades realicen, na súa integridade, a totalidade das actuacións, actividades, funcións e tarefas que, conforme a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, asumen as federacións deportivas en réxime de exclusividade.

Lete Lasa Xunta de Galicia Federacions

Neste sentido, o Consello da Xunta autorizou o pasado mes de decembro os 58 convenios de colaboración que o Goberno galego asinará coas respectivas federacións e que ascenden a un importe de 4.392.684 euros (sumando a contía do convenio coa Federación Galega de Piragüismo para o mantemento, conservación e mantemento do Complexo Náutico e Campo de Regatas David Cal en Verducido), o que representa un aumento do 2% con respecto a 2019 (4.306.002 euros) sendo a dotación económica máis elevada desde o ano 2011. Ademais e por primeira vez, todas as federacións deportivas de Galicia poderán desfrutar canto antes do pagamento total do orzamento do convenio grazas á súa tramitación de xeito anticipado.

En total, os sete convenios asinados foron os da federación galega de automobilismo (189.878 euros), colombicultura (3.332 euros), deportes de inverno (8.438 euros), esquí náutico (8.799 euros), hóckey (15.494 euros), kickboxing (19.899 euros) e ximnasia (74.669 euros).

Liñas de axudas para as federacións deportivas

O secretario xeral tamén informou que neste 2020 e xunto a estes convenios, as federacións deportivas galegas poderán optar a outras liñas de colaboración coa Xunta de Galicia. Así, as federacións deportivas serán convidadas á participar dos novos contratos de patrocinio federativos grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade para a realización de campañas de sensibilización contra a violencia de xénero e a actividades deportivas e de formación neste ámbito, así como outras liñas de patrocinio xeradas do Xacobeo 2021. Asemade, subscribiranse tamén neste ano contratos específicos para a celebración de eventos deportivos de especial relevancia e a orde de adquisición de equipamento deportivos, á que xa se poden presentar solicitudes para esta tempada, incrementándose nun 16,6% no seu orzamento inicial.

Cómpre destacar que no pasado exercicio 2019 as federacións deportivas galegas víronse beneficiadas cun total de 5,6 millóns de euros -sumados os importes das axudas dirixidas a actividade federativa (convenios, Igualdade, Xacobeo, patrocinio de eventos federativos e equipamento)- o que representa un incremento de preto do 50% con respecto ao ano 2018 (3,7 millóns). Ademais, se a esta cantidade engadimos o orzamento do Plan de Patrocinio de Equipos de Alta Competición da Fundación Deporte Galego, as subvencións aos clubs de base, o equipamento para entidades, as agrupacións deportivas escolares, o seguro Xogade, a Liga Galega de Traíñas e as bolsas DGAN, o presuposto para federacións e entidades deportivas ascendeu en 2019 ata os 15,5 millóns de euros, un 46% máis que en 2018 (10,6 millóns de euros).

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.