Marta Miguez OurenseActividades Destacado Es noticia 

Asinados os convenios de colaboración da Xunta coas federacións da provincia

Marta Míguez asinou os convenios alcanzan un importe de 3.577.086 euros

MARTA MÍGUEZ ASINA NAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS DE GALICIA QUE MEDRAN UN 7% CON RESPECTO A 2017

A primeira hora, Marta Míguez asinou en Ourense os convenios de colaboración coas federacións da provincia para despois facer o mesmo coas federacións de Pontevedra en Vigo e coas federacións da área de Santiago na capital galega. Xa na quenda da tarde, a secretaria xeral estivo na Coruña e Lugo onde asinou os acordos coas federacións propias das provincias coruñesa e lucense.

Marta Miguez Ourense

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, asinou hoxe nas principais cidades das catro provincias galeas os convenios de colaboración coas federacións deportivas de Galicia que foron aprobados hai dúas semanas no Consello da Xunta e que alcanzan un importe de 3.577.086 euros para 58 federacións deportivas de Galicia, rexistrando un aumento do 7% con respecto ao ano pasado cando se destinaron 3.345.216,20 euros.

O obxecto dos convenios é regular a colaboración entre as partes asinantes co fin de realizar na súa integridade a totalidade das actuacións, actividades, funcións e tarefas que, conforme a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, asumen as federacións deportivas en réxime de exclusividade.

Marta Miguez Santiago

Os 3.577.086 euros distribúense tendo en conta criterios obxectivos de cada federación como

  • os gastos de funcionamento
  • os ingresos declarados nas contas anuais e as subvencións públicas recibidas
  • a posesión dun local público, propio ou en alugueiro
  • o número de asociados
  • o número total de licenzas de deportistas nas categorías base
  • o número total de licenzas de deportistas do xénero menos representado
  • o número total de licenzas de deportistas discapacitados
  • o número de clubs participantes en competicións do calendario oficial da federación, competicións oficiais internacionais
  • organización de campionatos galegos
  • número de campionatos de España oficiais organizados
  • organización de campionatos de España por seleccións autonómicas
  • organización de competicións oficiais internacionais
  • deportistas que formen parte da selección española
  • resultados por competicións oficiais
  • carácter olímpico da modalidade deportiva
  • resultados en campionatos de España de seleccións autonómicas
  • número de deportistas galegos de alto nivel ou deportistas de alto nivel
  • actuacións de formación na última tempada
  • valoración técnica da memoria deportiva de tecnificación
  • outras actividades de promoción e fomento da modalidade con especial interese nas actividades en idade escolar (onde se inclúen as arbitraxes do Xogade)

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: