Destacado Es noticia Natación 

As piscinas de Oira abertas desde o sábado 10 junio ata setembro

A calidade da auga estará garantida cos máis altos estándares

Piscinas Municipais de Oira

O Concello abre este sábado as piscinas de Oira logo dun investimento de 18.000 € en acondicionamento.

Estarán abertas de 11:00 a 21:00 horas ininterrompidamente até o vindeiro domingo 10 de setembro.

Entre as novidades que poderán atopar os usuarios está a rampa de acceso á zona de praia fluvial desde o nivel superior para cumprir a normativa de accesibilidade.

Porén, a calidade da auga estará garantida cos máis altos estándares logo de instalar un analizador continuo que realiza, de forma automática, un tratamento de auga. Desta forma, os niveles de cloro na auga estarán permanentemente regulados e haberá un redutor de PH automático en función dos niveles de cloro.

Así, non só se acondicionou a zona verde, abonándose todo o recinto desde a zona do merendeiro até as piscinas, senón que tamén houbo un rozado minucioso de todos os arbustos. Así mesmo, limpáronse os foxos das piscinas, substituíuse o gresite e realizouse un pintado das zonas comúns e dos vestiarios. No apartado mecánico, revisáronse todas as conexións eléctricas e de válvulas.

Información e fotos: Concello de Ourense

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: