Athlos badmintonBádminton Destacado Es noticia 

As Lagoas acolleu a xornada de tecnificación e formación do bádminton galego

CONCENTRACIÓNS DE TECNIFICACIÓN E FORMACIÓN FEGABAD

Durante a mañá do sábado celebrouse nas instalacións do IES As Lagoas unha triple actividade:

  • Concentración do programa «Futuras Campioas de Galicia».
  • Concentración do programa «Se Busca Campeón».
  • Xornada de formación sobre «Adestramento de forza en bádminton».

Por parte do Club Athlos participaron os xogadores Xoel Álvarez, Mariña González, Noa Martínez, Gael Rodríguez Santamaría, Emma Pedrera, Martina Llamas, Bea López y Elena Prada.

Athlos badminton

Ademáis, Sara Ezquerro participou de novo como adestradora do grupo de Futuras Campioas xunto a Ana Carbón.

Por outra banda, os adestradores do club Óscar Rodríguez, Laura Valverde, Sara Galicia, Antonio Iglesias e Marta Iglesias participaron na xornada de formación a cargo de Adrián Cid.

3ª XORNADA TOP8 – LaLigaSports

Miguel Barbado participou onte na 3ª xornada de división de honra que disputaron o CB Arjonilla e o CB Benalmádena. Unha victoria en individual masculino para contribuir á victoria do CB Arjonilla por 6 a 1.

LIGA GALEGA DE CLUBES SUB 15

Unha victoria por 5-0 contra o CB Cíes e unha axustada derrota por 3-2 contra un reforzado CER Vigo como resumo da primeira xornada de Liga Galega de Clubes sub 15.

Athlos badminton

Ata Coruña viaxaron os xogadores Ana Nóvoa, Manu López, Laura Seijo e Hugo Castro para lograr a clasificación para o cadro eliminatorio que se disputará na 2ª xornada en Vigo (venres 01 de novembro)

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: