Arranca a XXI Semana Audiovisual da Montaña organizada polo Club Alpino Ourensán
XXI SEMANA AUDIOVISUAL DA MONTAÑA
O Club Alpino Ourensán inicia as actividades da SEMANA AUDIOVISUAL DA MONTAÑA. A primeira ponencia terá por título: “Pena Corneira: 65 anos de escalada no corno do Ribeiro”
- Exporán Francisco Javier Valencia “Quico” e Antón Gavela
- Luns 25 de novembro ás 20:30 horas – Liceo de Ourense
Trátase dún repaso, a través da proxección audiovisual, ás escaladas en Pena Corneira, o seu entorno e a súa evolución histórica dende a súa primeira ascensión no ano 1.954 ata a actividade actual co bloque como protagonista.
Tamén haberá un repaso das distintas accións que o Club Alpino Ourensán promoveu na súa defensa como espacio natural para protexer este espazo das importantes agresions das canteiras.
