Ana Nóvoa del Athlos convocada por la Selección Española para el internacional de Eslovenia
CONVOCATORIA SELECCIÓN ESPAÑOLA. INTERNACIONAL DE ESLOVENIA SUB 15
Nova alegría para o Club Athlos, coa segunda convocatoria da nosa xogadora Ana Nóvoa coa Selección Española, neste caso para disputar o Internacional de Eslovenia, entre o 29 de novembro e o 01 de decembro.

Esta convocatoria chega como premio ó gran traballo das últimas tempadas. Sempre un exemplo dentro e fora da pista.
CONCENTRACIÓN SELECCIÓNS GALEGAS
Na tarde do venres Ana Nóvoa acudiu ó CGTD de Pontevedra para participar na 1ª Concentración de Seleccións Galegas da tempada 2019-2020. Traballaron xunto ós seleccionadores Rafa Vázquez e Rodrigo Sanjurjo, por atoparse Sara Ezquerro e Rubén Espinosa no Máster de Liencres.
MÁSTER ABSOLUTO – LIENCRES.
Miguel Barbado campión en individual masculino do Máster de Liencres tras superar na final ó seu compañeiro do CGTD Manu Brea.
Participaron tamén representando ó club, e demostrando bo nivel, Sara Ezquerro, Laura Valverde, Antonio Iglesias, Javier Álava e Martín Barbado.
A próxima cita absoluta será o Máster de Granollers para Sara e Laura.