Xadrez.Ourense.A.vs.Xadrez.Verín.A.División.de.Honra.Ajedrez Destacado Es noticia 

Amarga xornada para Xadrez Ourense e Xadrez Verín na División de Honra Galega

Xornada amarga para os equipos ourensáns na División de Honra

Club Xadrez Ourense sitúase no 3º posto, a 1 punto do liderato, tras caer pola mínima ante un Chantada con 4 extranxeiros

A cuarta xornada da Liga Galega de clubs na División de Honra, deparou amargos resultados para os dous conxuntos ourensáns en competición.

O Club Xadrez Ourense recibía no seu feudo a un reforzado Círculo Chantadino, comandado por o Búlgaro V. Pétkov e o Serbio A. Strikovic, ademáis dos Portugueses Paulo Pinho e Munir, en total 4 dos membros do sexteto lucense eran extranxeiros. Ademais da reforzada alineación Chantadina algúnns dos componentes do sexteto ourensán non tiveron un sábado inspirado, e xa antes das 21.00 horas asinábase a primeira derrota dun Xadrez Ourense, que defenderá a 1ª División Nacional o próximo verán, como mellor escuadra galega dentro do panorama estatal.

Os puntos do bando ourensán caían de mans de Adrián Gómez e Yudania Hernéndez, mentres que André Ventura reslvía con empate a súa batalla ante Strióvik. Polo tanto un 2.5 a 3.5 final que frena moito as aspiracións ourensanas de cara o título, dentro dunha táboa na que agora se sitúan a un punto dos co-líderes, Universidae de Santiago e Universidade de Vigo.

Pola súa parte o outro conxunto ourensán na División e Honra, o Xadrez Verín, recibía en terras de Monterrei a un máis que reforzado Recatelo-Campus Lugo, que comandados polo Alemán Friedrich Wierner foi quen de vencer por un contundente 0.5 a 5.5 aos verinenses, que tras este resultado ven como se complican as súas aspiracións de permanencia nesta máxima categoría. O empate local viña de mans do xoven Pedro Gil Fereira.

Xa dentro da primeira División autonómica, hai que salientar a victoria a domicilio do Liceo en Bueu (1-3), que serve para que os liceístas manteñan a súa posición de ascenso. Pola súa parte o Universitario de Ourens e o Benchoshey Sénior repartían puntos (2-2) no derbi local, mentres que o Xadrez Ourense C e o Ence de Marín asinaban idéntico marcador (2-2), xa para rematar coa primeira división hai que salientar a contundente victoria do Laroca Nigrán ante o Xadrez B, por un amplo 0 a 4.

Na Segunda División, e no que aos conxuntos ourensáns atinxe, os resultados foron os seguintes:

A.P. de Bande vs. Xadrez Valdeorras (2-2),  Xadrez Ourense “E” vs. Ateneo de Ourense (3-1),  Chantada B vs. Celanova (1.5 – 2.5), Universidad de Ourense vs. Benchoshey Fischer (2-2)

Na Terceira División, e no que aos conxuntos ourensáns atinxe, os resultados foron os seguintes:

Xadrez Valdeorras vs. Benchoshey Kaspárov (2.5 – 1.5),  Xadrez Celanova “B” vs. Verín “C” (0.5 – 3.5),  Xadrez Ourense “D” vs. Liceo Academia Postal “B” (1-3), Chantada B vs. Celanova (1.5 – 2.5), Universidad de Ourense C vs. Benchoshey Lasker (1-3)

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: