Afiadoras FG e Auriense FG avanzan nas ligas galegas de fútbol gaélico
Condado gaélico 7-13 (34) vs Afiadoras F.G. 2-7 (13)
O primeiro partido do clube Ourense Gaels foi do equipo mixto, Afiadoras F.G. que desprazáronse ata Mos xogar contra Condado F.G.No primeiro tempo o partido comezou sendo igualado logo o equipo pontevedrés iría impoñendo o seu xogo e amosando superioridade. Tendo clara ventaxa respecto aos ourensáns.Na segunda parte recortaríanse diferenzas e amosando que nunca debemos de dar nada por perdido, malia todo non puidemos facernos ca vitoria.

O próximo encontro será decisivo para clasificarse para a 2ª fase da Liga, así se Afiadoras F.G. vence ao equipo Gróvias F.G. do Baixo Miño os das Burgas estarán automaticamente clasificados.
Independente F.G. 1-12 (15) vs 3-12 (21) Auriense da Auga F.G.
As rapazas foron o sábado pola tardiña ata Gondomar xogar contra o Independente F.G., o cal esperábase que fora ser un gran encontro e así foi.O encontro comezou os primeiros 10 minutos cun xogo moi igualado, con anotacións continuas de ámbalas escuadras pero a partires de aí todo cambiou. As nosas rapazas comezaron a ser claramente superiores e a poñer o seu xogo, tendo gran acerto a gol.No segundo tempo as das Burgas entraron coma sairon do 1ª tempo, con gran combinación e moi boa defensa que permitiu minguar as fases atacantes do equipo pontevedrés.
Estrela Vermelha F.G. 6-29 (47) vs 4-8 (20) Auriense Campus da Auga F.G.
O domingo sería turno dos rapaces que afrontábanse ao Estrela Vermelha F.G., primeiro na táboa da Liga, auguraba un gran enfrontamento.Así na 1ª parte estivo moi igualado tendo o equipo das Burgas en serios apretos ao equipo local mais cun par de goles e moitos puntos deron conseguido adiantarse no marcador. No segundo tempo o Auriense amosaría o seu xogo e recortaría distancias e tendo unha gran defensa que pararía moitas oportunidades.