Atletismo Expourense Foto David MartinezActividades Destacado Es noticia 

Aberto o prazo de solicitude de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos da Xunta de Galicia

CLUBS E FEDERACIÓNS PODEN PRESENTAR DESDE HOXE AS SOLICITUDES DA AXUDAS Á ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS QUE NESTE 2020 MEDRAN UN 16%

  • A relación de equipamentos deportivos subvencionables non será limitativa podéndose ampliar a lista de material inventariable sempre que quede xustificada a súa utilización para a práctica deportiva desenvolta
  • Os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas poderán recibir o pagamento do 100% da subvención concedida de xeito anticipado

Xunta de Galicia vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para acollerse á resolución da Secretaría Xeral para o Deporte para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos para o ano 2020 publicada onte no Diario Oficial de Galicia.

Atletismo Expourense Foto David Martinez

Como novidades da convocatoria cómpre salientar que o orzamento total da mesma será duns 700.000 euros, o que representa un incremento do 16% con respecto ao orzamento inicial destinado en 2019 e que a relación de equipamentos deportivos subvencionables non será limitativa podéndose ampliar a lista de material inventariable sempre que quede xustificada a súa utilización para a práctica deportiva desenvolta. Ademais, os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas poderán recibir o pagamento do 100% da subvención concedida de xeito anticipado.

As entidades beneficiarias deben estar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia á data da publicación da convocatoria anual de subvencións e ter actualizados os seus estatutos ás disposicións vixentes en materia deportiva. Cómpre salientar que terán prioridade no acceso á subvención as solicitantes que non resultasen beneficiarias durante o exercicio de 2019.

O financiamento outorgado polo Goberno galego será do 80% do gasto subvencionable establecéndose como importe mínimo unha contía de 1.000 euros e máximo de 20.000 por sociedade anónima deportiva e 30.000 por federación. Precisamente, para as federacións deportivas resérvase o 30% do orzamento total da convocatoria.

A adquisición do equipamento deportivo por parte das entidades solicitantes dependerá da puntuación acadada segundo a aplicación dos criterios establecidos. Entre eles cabe destacar o apoio á igualdade de xénero que será valorado en función da porcentaxe de deportistas femininas con licenza federativa.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.