secretaria xeral para o deporteActividades Destacado Es noticia 

A Xunta de Galicia reparte 160 mil euros en material a 16 clubes e 3 federacións deportivas da provincia

  • Os clubs e federacións da provincia de Ourense recibiron máis de 160.000 euros ao abeiro das axudas para a adquisición de equipamentos deportivos que no ano 2019 medraron nun 500%

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de presentar o equipamento deportivo recibido polas entidades e federacións deportivas da provincia de Ourense ao abeiro da resolución da Xunta de Galicia para a adquisición deste material.

En total, foron 16 clubs deportivos e tres federacións da provincia ourensá as entidades beneficiadas por esta liña de axudas, sumando material por valor de preto de 160.000 euros. O orzamento total, que en 2019 experimentou un incremento do 500%, foi de 2.516.491,28 euros nas dúas convocatorias ás que se acolleron 37 federacións deportivas galegas (582.291,28 euros) e 195 entidades (1.933.570,70 euros). Cómpre sinalar ademais que desde o ano 2019, o cofinanciamento pasa do 50% entre a Secretaría Xeral e entidade, a un 80% e 20%.

secretaria xeral para o deporte

Os 16 clubs ourensáns beneficiados en 2019 foron o Club Ximnasia Pavillón Ourense (trampolín), o Club Ciclista Maceda (rodillos e remolque), o Club Fluvial O Barco (embarcacións), o Club ADAS (pértegas, martelos, discos, vallas, xavelinas e pesos), Club Polideportivo Athlos (cadeira de rodas), Club Voleibol San Martiño (máquina de lanza-balóns de voleibol, postes e rede, furgoneta, remolque e caixa de primeiros auxilios), Club Ourense Atletismo (pértegas, xavelinas, discos, pesos, martelos e valos), Asociación de Escaladores Ourensáns (cordas, descensores, mosquetóns, arneses, material de ximnasio, sistema de cronometraxe e desfibrilador), Club Halterofilia Pabellón (barras e discos), Club Natación Sincronizada Ourense (equipo de son subacuático), Asociación Deportiva Limiactiva (pértega e colchoneta), Atletismo Rúa (xavelinas, pesos, martelos, valos, discos e caixa de primeiros auxilios), Club Esquí (boias de esquí náutico, remolque e sistema de cronometraxe), Escudería Ourense (furgoneta), Centro Deportivo Couto AD (furgoneta) e Club Turbo Box (tatami).

Pola súa banda, as tres federacións deportivas ourensás beneficiadas en 2019 foron a Federación Galega de Ximnasia (tatami ou tapiz), a Federación Galega de Kickboxing (tatami ou tapiz) e a Federación Galega de Automobilismo (sistema de cronometraxe).

Solicitudes ata o 24 de febreiro

Ademais, o pasado 22 de xaneiro o Diario Oficial de Galicia publicaba á resolución da Secretaría Xeral para o Deporte para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos para o ano 2020. O prazo para presentar solicitudes remata o vindeiro 24 de febreiro.

Cómpre salientar que o orzamento total da mesma será duns 700.000 euros, o que representa un incremento do 16% con respecto ao orzamento inicial destinado en 2019 e que a relación de equipamentos deportivos subvencionables non será limitativa podéndose ampliar a lista de material inventariable sempre que quede xustificada a súa utilización para a práctica deportiva desenvolta. Ademais, os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas poderán recibir o pagamento do 100% da subvención concedida de xeito anticipado.

As entidades beneficiarias deben estar inscritas no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia á data da publicación da convocatoria anual de subvencións e ter actualizados os seus estatutos ás disposicións vixentes en materia deportiva. Cómpre salientar que terán prioridade no acceso á subvención as solicitantes que non resultasen beneficiarias durante o exercicio de 2019.

O financiamento outorgado polo Goberno galego será do 80% do gasto subvencionable establecéndose como importe mínimo unha contía de 1.000 euros e máximo de 20.000 por sociedade anónima deportiva e 30.000 por federación. Precisamente, para as federacións deportivas resérvase o 30% do orzamento total da convocatoria.

A adquisición do equipamento deportivo por parte das entidades solicitantes dependerá da puntuación acadada segundo a aplicación dos criterios establecidos. Entre eles cabe destacar o apoio á igualdade de xénero que será valorado en función da porcentaxe de deportistas femininas con licenza federativa.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.