Actividades Ciclismo Destacado Es noticia 

A Deputación de Ourense colabora co proxecto “Bicicleta Solidaria”

Proxecto “Bicicleta Solidaria”

Rosendo Fernández participa hoxe nesta iniciativa que converterá os quilómetros pedaleados entre tódolos visitantes, nunha doazón para a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer.

A Deputación de Ourense colabora co proxecto “Bicicleta Solidaria”, que organizan Seguros RGA e Caixa Rural Galega, con motivo de La Vuelta a España, co fin de reunir doazóns destinadas á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAOR) para contribuír ás obras das futuras instalacións da mesma. O vicepresidente do goberno provincial, Rosendo Fernández participará nesta actividade esta tarde na Fanzone habilitada no campus universitario de Ourense, iniciativa a través da cal os quilómetros pedaleados polos visitantes ao longo desta xornada converteranse na doazón que Caixa Rural fará a esta organización de carácter social.

A Deputación de Ourense súmase así a este proxecto “para contribuír ao incremento de quilómetros e para apoiar unha iniciativa que promulga valores de esforzo e solidariedade, ligados a un evento deportivo tan é importante como este”, sinalou Rosendo Fernández.

Todos os interesados en unirse a esta iniciativa poderán pedalear na bicicleta solidaria ao longo desta tarde, desde as 16.30 horas ata as 20.30 horas, no campus universitario de Ourense, na rúa Canella da Costa Vella.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.