Deputación e Manzaneda presentan o «Esquiou 2015» dirixido a ourensáns de 9 a 12 anos

Obxectivo: achegar a práctica do esquí a rapaces e rapazas da provincia de Ourense

A Deputación de Ourense e OCA Manzaneda promoven un programa de actividades de inverno na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda denominado «Esquiou 2015» que ten como obxectivo achegar a práctica do esquí a rapaces e rapazas da provincia de Ourense, de idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos.

Oca-Manzaneda

O prazo de inscrición para o programa está aberto ata o vindeiro 15 de decembro, e desenvolverase nos meses de inverno nas instalación da estación de montaña. Inclúe dúas noites de aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias. A duración do programa é de tres días, de luns a mércores, e los interesados deberán aboar una cota de 29 euros. Máis información na páxina web da Deputación de Ourense ou na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda.

Descripción da actividade

Número de persoas: 735 nenos e nenas da provincia de Ourense, divididos en 7 quendas de 105 persoas por quenda.

Idades: De 9 a 12 anos

Duración: Dúas noites – tres días de luns a mércores, entrada con comida e saída con almorzo.

Quendas: Establécense as seguintes quendas, nas que se fai un reparto dos rapaces e rapazas por proximidade xeográfica para, dese xeito, conquerir grupos máis homoxéneos e nos que poden estar rapaces e rapazas que xa se coñecen previamente, facilitando a integración e a convivencia. No caso de non cubrirse todas as prazas nunha quenda e haber demandantes en espera doutras comarcas, iranse reasignando por rigurosa orde de inscrición.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: