A Concellería de Xuventude organiza o «Bautismo de esquí» en Manzaneda

A Concellería de Xuventude organiza a actividade «Bautismo de esquí» que achegara a mozos e mozas aos deportes de neve, en Manzaneda

Concello de OurenseA Concellería de Xuventude do Concello de Ourense organiza un ano máis a actividade Bautismo de esquí ou Snow, na que mozos e mozas de Ourense terán a oportunidade de coñecer os deportes de neve e iniciarse na súa práctica. Será durante a derradeira fin de semana do ano: venres, 26, sábado, 27 e domingo, 28 de decembro, na estacion de Manzaneda.

A actividade conta con 40 prazas, para mozas e mozos maiores de 18 anos, e inclúe desprazamento, acceso aos remontes e forfait de 2 días, e 2 horas ao día de clases de esquí ou snow, material duro (esquís, botas, bastóns) con petos identificativos, aloxamento en pensión completa, seguro de viaxe, reportaxe fotográfica e acceso gratuíto á piscina-spa climatizada da estación.

Especialistas en neve acompañarán aos distintos grupos como soporte aos /ás monitores titulados/as e tamén para realizar actividades ou practicar o aprendido.

As persoas interesadas poderán inscribirse dende o vindeiro luns, 15 de decembro, ás 9:00 horas. A admisión será por orde de entrega das solicitudes cun máximo de 2 por persoa. Terán prioridade as persoas empadroadas en Ourense. Non se admitirán inscricións por correo electrónico. O prezo da actividade é 43 euros.

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden acudir á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Ourense, na Praza de San Martiño nº 2 baixo. Tel 988 38 81 54

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: