Ciclismo 

Victorias de Saúl López, Iván Feijoo y Noela Saa en Betanzos

Open de Galicia XCO de Betanzos

Saúl López lograba unha nova vitoria no Open de Galicia XCO, esta vez na proba celebrada en Betanzos, e organizada polos Caimanes de Betanzos. Saúl dominaba con claridade a categoría Elite, xa dende a primeira volta e entraba en meta con un amplo marxe.

Ademais de Saúl , Iván Feijoo e Noela Saa lograban tamén , sendas vitorias para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR de Maceda, nas súas respectivas categorías. Ivan Feijoo dominaba en júniors, sendo 3º en meta o seu compañeiro , Abel Franco.

En Féminas cadete, a vitoria era para Noela Saa, con Aida González en 2º lugar. Ademais destas vitorias e podios, tamén Hugo Vázquez subía o podio en Cadetes, sendo 3º , e Raúl González en Sub23 . sendo 2º. Despois destes resultados, visten maillot de líder, Raúl González, en Sub23, Marco Nube, en Cadetes, e Noela Saa en Féminas Cadete.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: