Seleccion Galega de CilcismoCiclismo Destacado Es noticia 

A Selección Galega de ciclismo parte cara o Campionato de España de Legazpi

Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, desexulle sorte á expedición galega

Campionato de España Loterías de Ciclocross 2018

A Selección de Galicia puxo este xoves rumbo á localidade guipuscoana Legazpi, onde  este venres comeza o Campionato de España Loterías de Ciclocross, e antes de abandonar o territorio autonómico mantivo un encontro en Xinzo de Limia con Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A máxima representante do deporte galego estivo acompañada por Manuel Pérez González, coordinador de Deportes da Xunta de Galicia na provincia de Ourense. As autoridades desexáronlle sorte á expedición que forman dezanoves corredores, técnicos, auxiliares e directivos da Federación Galega de Ciclismo.

Entre os seleccionados e salientable a presenza de cinco deportistas do Club Ciclista Maceda que fan desta entidade a de maior representación no combinado autonómico.

A expedición autonómica formada por dezanove corredores parte este xoves dende Galicia. O sexteto que representará á Selección na competición Team Relay estará composto polo cadete Miguel Rodríguez (Ponteareas), o júnior Carlos Canal (Academia Postal – Actyon – MMR), o sub23 Samuel González (Salvaterra), o elite Darío Otero (Muebles Compostela), a sub23 Irene Trabazo (Marín Ottoman) e o máster-30 Luciano Carretero (Cambre Renault Caeiro). Desde que se disputa esta modalidade Galicia acadou sete medallas: un ouro, tres pratas e tres bronces.

O resto de convocados para participar nas carreiras individuais que se celebrarán durante a fin de semana son as cadetes Noela Saa (Academia Postal – Actyon – MMR), Laura Capa (Farto) e Aida González (Academia Postal – Actyon – MMR); os cadetes Jorge Fernández (Coruxo), Fabián Rodríguez (Cambre Renault Caeiro), Xoel Montes (Avanza), Martín González (Academia Postal – Actyon – MMR), Zoe del Río (Marín Ottoman)  e Borja Gómez (Ponteareas); a júnior Andrea García (Cambre Renault Caeiro); os juniors Jorge Suárez (Cidade de Lugo – Esturión) e Adrián Barros (Coruxo); e o sub23 Iván Feijoo (Academia Postal – Actyon – MMR).

Horarios

A programación do sábado abrirase cos masters-50/60 (09:30 horas) e a continuación tocaralle os masters-40 (10:45 horas), cadetes masculinos (12:00 horas), masters-30 (14:30 horas) e sub23 masculinos (15:45 horas). O domingo chegará a quenda das cadetes femininas (09:30 horas); juniors masculinos (10:30 horas), a proba elite, sub23-júnior e máster feminina (11:45 horas) e a elite masculina (13:15 horas).

A última referencia para os galegos son as cinco presenzas no podio que acumularon no 2017. Ademais do triunfo nas remudas, Feijoo vencera nos juniors, mentres que Canal e González remataran segundos nos cadetes e nos sub23, respectivamente. A colleita de medallas completáraa Carretero cun bronce nos masters-30A.

Noticias relacionadas