Saúl López se estrena como Campeón de Galicia de BTT CXO
Campionato de Galicia de BTT campo a través olímpico
O ciclista Saúl López (Maceda) logrou sumar por vez primeira o título de campión de Galicia de BTT campo a través olímpico grazas á súa vitoria na cita autonómica disputada en Sanxenxo e organizadapolo Club Corbelo.
O triunfo incontestable de Saúl entre os ciclistas elite veu cubrir unha carencia coa no historial deportivo do monfortino, infestado de éxitos áescala nacional e internacional desde a categoría cadete pero que nunca tivo o premio de ser campión da súa terra, unha proba na que só conseguira segundos e terceiros postos.
Saúl López estivo acompañado no podio por Adrián Valverde (Rías Baixas) e Alberto Pedreira (Bici Verde), os que foran campións de Galicia en 2017 e 2016 respectivamente. Pola súa banda, Samuel González (Salvaterra) logrou o título de campión de Galicia na categoría sub23, sendo a prata para Pablo Álvarez (Cambre) e o bronce para Raúl González (Maceda).
En canto ás mulleres, Lara Lois (Extol), unha deportista con apenas catro anos de traxectoria no ciclismo de competición, sumou o seu segundo título de campioa de Galicia e fíxoo ao vencer á laureada Lucía Vázquez (Prorebordosa), que acadou a prata. e á gañadora da Copa Galicia, Nuria Senra (Eskornabois), que obtivo o bronce. En sub 23, a campioa foi Irene Trabazo (Marín), subcampioa Claudia Portela (Marín) e terceira Zaida González (Roseira).
Carlos Canal e Andrea García tamén triunfan en Junior
Sen dúbida, a calor foi a nota destacada na gran cita autonómica, sumándose ao xa de por se esixente trazado pontevedrés. O mellor adaptado ás dificultades foi Carlos Canal (Maceda), gañador das chaquetas de Campión na súa etapa cadete, e que sumou a súa primeira como júnior, cunha auténtica exhibición na que se permitiu dar caza ao grupo cabecero da categoría elite que saíra dous minutos antes. A presumible oposición que podería presentarlle Adrián Barros (Coruxo) frustrouse coa avaría do vigués. O gañador da Copa de Galicia, David Aragunde (Armenteira), e Óscar Fernández (Avanza) flanquearon a Canal no podio.
O Campionato de Galicia júnior feminino foi para Andrea García (Maceda) e a prata para Alba Arias (Arteixo).
Antonio Rodríguez do Burgas acada posto de podio en másters
Alex Trasbach (Racing) consumou o Campionato de Galicia en máster 40 coa mesma autoridade que mostrou toda a tempada e xa ten a vista posta no próximo Campionato de España. Manuel Armada (AGC) foi subcampión e Antonio Rodríguez (Burgas) terceiro.