Ciclismo Destacado Es noticia 

Salientable a presenza de ciclistas do Club Ciclista Maceda na Selección Galega

Este venres arranca na localidade guipuscoana de Legazpi o Campionato de España de Ciclocross

Campionato de España Loterías de Ciclocross 2018

Este venres ás 16:00 horas arranca na localidade guipuscoana de Legazpi o Campionato de España Loterías de Ciclocross 2018 coa Selección de Galicia poñendo en xogo a súa coroa na proba Team Relay.

Entre os seleccionados e salientable a presenza de cinco deportistas do Club Ciclista Maceda que fan desta entidade a de maior representación no combinado autonómico

Un ano despois de colgarse o ouro en Valencia, o combinado dirixido por Guillermo Sande defenderá o título no esixente circuíto vasco. A carreira de remudas por equipos será o primeiro prato forte dun evento que se prolongará ata o domingo.

A expedición autonómica formada por dezanove corredores parte este xoves dende Galicia. O sexteto que representará á Selección na competición Team Relay estará composto polo cadete Miguel Rodríguez (Ponteareas), o júnior Carlos Canal (Academia Postal – Actyon – MMR), o sub23 Samuel González (Salvaterra), o elite Darío Otero (Muebles Compostela), a sub23 Irene Trabazo (Marín Ottoman) e o máster-30 Luciano Carretero (Cambre Renault Caeiro). Desde que se disputa esta modalidade Galicia acadou sete medallas: un ouro, tres pratas e tres bronces.

O resto de convocados para participar nas carreiras individuais que se celebrarán durante a fin de semana son as cadetes Noela Saa (Academia Postal – Actyon – MMR), Laura Capa (Farto) e Aida González (Academia Postal – Actyon – MMR); os cadetes Jorge Fernández (Coruxo), Fabián Rodríguez (Cambre Renault Caeiro), Xoel Montes (Avanza), Martín González (Academia Postal – Actyon – MMR), Zoe del Río (Marín Ottoman)  e Borja Gómez (Ponteareas); a júnior Andrea García (Cambre Renault Caeiro); os juniors Jorge Suárez (Cidade de Lugo – Esturión) e Adrián Barros (Coruxo); e o sub23 Iván Feijoo (Academia Postal – Actyon – MMR).

Horarios

A programación do sábado abrirase cos masters-50/60 (09:30 horas) e a continuación tocaralle os masters-40 (10:45 horas), cadetes masculinos (12:00 horas), masters-30 (14:30 horas) e sub23 masculinos (15:45 horas). O domingo chegará a quenda das cadetes femininas (09:30 horas); juniors masculinos (10:30 horas), a proba elite, sub23-júnior e máster feminina (11:45 horas) e a elite masculina (13:15 horas).

A última referencia para os galegos son as cinco presenzas no podio que acumularon no 2017. Ademais do triunfo nas remudas, Feijoo vencera nos juniors, mentres que Canal e González remataran segundos nos cadetes e nos sub23, respectivamente. A colleita de medallas completáraa Carretero cun bronce nos masters-30A.

As condicións do terreo en Legazpi pouco terán que ver coas do ano pasado en Valencia. Esta vez agárdase un trazado enlamado e con treitos nos que os corredores estarán obrigados a baixarse da bicicleta e cargar con ela ao ombro.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario