Quinta victoria para Iván Feijoo en la Copa de España de ciclocross en Navia

Segue lider da clasificación Xeral da Copa de España de Ciclocross a falta de tres probas puntuables

Nunha xornada dantesca, de choiva , vento e moito barro, o cadete Ivan Feijoo sumaba a sua 5ta victoria na Copa de España de Ciclocross.

Ivan-Feijoo-ciclocross-Navia-2014

Nun circuito cheo de barro e que tivo que ser modificado a ultima hora debido a o temporal que azotaba a localidade de Navia, Ivan controlou a carreira, e foi a falta de media volta cando abriu un oco cos seus rivais.

Ivan, deste xeito, reforza a sua posición ao frente da Xeral da Copa a falta de tres probas puntuables.

En Junior, Xiana Conde remataba 5ª, despois de sufrir unha averia en carreira que lle obrigou a patear un bo treito do circuito. Con este resultado sigue 4ª na xeral da Copa.

En Elite Sub 23, Raul Gonzalez, finalizaba 23 na xeral e 6º sub 23 nunha moi boa carreira.

En master 40 Xulio Conde finalizaba o 17º e en M50 Jose Manuel Gonzalez era 13º.

CICLOCROS DE SANTIAGO

Na maña do domingo 16 de novembro, celebrabase en Santiago a segunda cita do calendario galego de Ciclocross.

A xornada presentabase chuviosa e o barro fixo aparicion no circuito de a Granxa do Xesto, que esta ano presentaba modificacións no trazado con respeto a anos anteriores, millorando considerablemente.

En Cadetes, ante a ausencia de Ivan Feijoo , por descanso, Abel Franco , realizaba unha gran carreira pelexando en todo o momento por un posto no podium e entrando finalmente en meta 4º, a escasos segundos do 3º.

En Elite Sub 23 Raul Gonzalez, era 3º en meta, finalizando 7º na xeral absoluta.

En Master 40 Xulio era 8º e en Master 50 J. Manuel, era 5º.

Destacar que ao igual que noutras probas celebradas este fin de seman, se aproveitou para revindicar a igualdade de trato para as chicas no mundo do ciclismo.

Noticias relacionadas