Ciclismo Es noticia 

Problemas mecánicos deixan a Carlos Canal sen opición no Campionato de España

Campionatos de España Escolares de BTT XCO

A mala sorte cebábase este fin de semana nos Campionatos de España Escolares de BTT XCO e Carretera en Avila, co corredor cadete, Carlos Canal.

Carlos chegaba a esta cita como invicto durante toda a temporada. Levaba a carreira controlada, rodando 1º con case 3 min sobre o segundo, cando a falta de menos de 2 voltas sufría unha rotura de cadea. Conseguía reparar, e remontar posicións ata situarse como 2º, a falta de pouco mais de 1/2 volta, e era neste momento cando voltaba a sufrir unha nova avaría lonxe da zona técnica. A partir de aí tivo que limitarse a chegar a meta como puido, entrando o 11. Reseñar o seu comportamento exemplar á entrada de meta.

O seu compañeiro de equipo, Marco Nube completaba unha gran carreira rematando o 16º , despois dunha gran remontada, e amosando un gran nivel.

As mulleres acadaban, formando parte da Selección de Galicia, a medalla de bronce por equipos, con tres das nosas corredoras no equipo, Noela, Aida e Antía. A nivel individual, Noela Saa era 6ª , estando sempre entre as mellores, Aida era 13ª e Antía a 16ª.

En estrada a representación do club era por parte de Breogan Diz e Martín Gonzalez que na proba de liña de infantís remataban no pelotón de cabeza.

Noticias relacionadas