Ciclismo Destacado Es noticia 

Podio para Iván Feijóo e Noela Saa no ciclocross en Burgos

Ciclocross en Fresno de Rodilla e Mediana de Pombar

Comezaba este fin de semana a participación do noso equipo o Academia Postal- Actyon -MMR, nesta nova temporada de Ciclocross a nivel estatal, coa presencia esta ponte nas tres probas en terras burgalesas.

O xoves , en Fresno de Rodilla, Iván Feijóo , se estreaba como Sub 23, participando na carreira dos Elites, e logrando un gran 2º posto na xeral , so superado por Kevin Suárez e chegando diante de Aitor Hernández.

O sábado, xa era a totalidade do equipo o que acudía a Medina de Pomar. Iván Feijóo, vítima dun catarro non lograba render igual que o xoves pero aínda así finalizaba 13º (3º sub23) Roman Saa, despois de percances era 91º. En Cadetes, Noela Saa completaba unha gran carreira , rematando no podio, sendo 3ª, na mentres que Aida González era 4ª.

Entre os rapaces , gran carreira de Martín González, que na súa primeira carreira como cadete, a nivel estatal , era 6º.
En Villarcayo, Iván sufría un par de pinchazos, despois de rodar en cabeza , e finalizaba 22º, (4º Sub23) pero xa con moi boas sensacións a pesares do catarro. Roman Saa sufría caída e remataba 65º.

Noela Saa , quedaba as portas do podio o entrar en meta a 4ª, na mentres que Aida González era 5ª. Yaiza Piñeiro era 17ª. Entre os rapaces, Martín González, sufría rotura de cadea e finalizaba 33º. Antía Martínez era 15ª Sub23, nunha categoría na que este ano corren xuntas Sub23 e júnior.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: