Ciclismo Destacado 

Pablo Rodríguez en Elite e Sub23 e Carlos Canal en cadetes líderan o Open de España XCO

BTT Cross Country Olímpico – Open de España Cofidis

Dous ourensáns chegarán vestidos de líderes á última proba do Open de España XCO que se disputará en Maceda. Pablo Rodríguez (MMR Bikes), nos Elite e Sub23, e Carlos Canal (Academia Postal – Actyon), nos cadetes, encabezan as súas categorías tras a disputa este domingo do Gran Premio Ciudad de Valladolid, segunda proba do certame estatal.

Pablo Rodríguez e o seu compañeiro David Valero asinaron o dobrete do MMR despois de rachar a carreira na primeira volta. Os dous presentáronse na liña de meta con 46″ de vantaxe respecto ao terceiro clasificado David Rosa (Portugal). O ourensán non lle disputou a vitoria a Valero e con este resultado asaltou o primeiro posto na xeral.

O Academia Postal – Actyon – MMR, completaba este fin de semán unha gran xornada no Open de España BTT XCO

Carlos Canal vencía de novo con autoridade en Cadetes, sumando a sua segunda victoria no Open, e afianzandose na posición de lider do Open.

En féminas cadete o mais destacado foi o 5º posto de Noela Saa nunha gran carreira.

En juniors, Iván Feijóo amosaba que despois do parón post ciclocross xa volve a pillar o golpe de pedal, e era 2º, tras unha bonita loita co seu rival Jofre Cullel.

En Elite, Saul López realizaba unha grandisima carreira finalizando 8º nunha proba internacional, sendo o 3º corredor español en meta, so con Valero e Pablo diante del.

Saul esta a amosar que carreira a carreira, vai consolidando a sua progresion, e proba a proba vaise facendo un oco entre os millores bikers españois.

Destacar tamen, o 2º posto a nivel de equipos, na clasificacion do Open de España.
Con estes resultados, Pablo Rodríguez, Carlos Canal e Iván Feijóo chegan a Maceda con opcions de loitar pola victoria final do Open de España.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: