Dia da bici 2018Actividades Ciclismo Destacado Es noticia 

O “Día da Bici” volve o domingo 23 baixo o lema “La bici te da vida, úsala!”

“Día da Bici”: 34 anos de saúde, deporte e concienciación cívica sobre o ciclismo

O “Día da Bici” leva 34 anos fomentando o uso deste medio de transporte saudable coa celebración do evento lúdico-deportivo familiar máis multitudinario e de máis arraigo en Ourense, que, co apoio da Deputación de Ourense, reúne a miles de persoas desde o ano 1984. Esta edición, que se celebra o vindeiro 23 de setembro, ten como lema: “La Bici te da vida ¡úsala!”, un evento que, como lembrou hoxe na presentación o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, “une saúde, deporte, ocio en familia e fomenta a concienciación cívica sobre o ciclismo.

O acto de presentación, que tivo lugar no Pazo Provincial, contou tamén coa participación do concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; do presidente da fundación “Ado Moure”, Carlos Moure; do representante do grupo La Región, Pepe Alfaro, e do asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González.

Día da Bici

Mario Guede dixo que o Día da Bici “contribúe a facer unha cidade máis activa, saúdable e solidaria, e nesta mesma liña Pepe Alfaro fixo un chamamento á participación, destacando “o compromiso do grupo La Región co deporte de base e, neste evento, como co-patrocinador”. Carlos Moure incidiu na problemática de seguridade que teñen os ciclistas e reivindicou a campaña “No más muertes impunes en la carretera”, “para seguir concienciando á sociedade”. Bernardino González subliñou o labor da Deputación “na súa aposta por proxectos deportivos que sigan promovendo ocio e saúde”, e no caso do ciclismo avogou por promover as iniciativa a prol do respecto polos ciclistas”.

Como outros anos, o Día da Bici comezará ás 12.00 horas diante da Alameda de Ourense e realizará o itinerario por: Marcelo Macías, avenida de Portugal, Ervedelo, Progreso, Pardo de Cela, Ponte do Milenio, Xesús Pousa, Gómez Franqueira, Río Arnoia, avenida de Santiago, avenida das Caldas, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Sáenz Díez, Don Bosco, Progreso e remate novamente na Alameda. As inscricións poden realizarse na carpa situada na rúa do Paseo, fronte ao centro cultural “José Ángel Valente” ou en Ciclos Moure.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.