Foto ©FGCCiclismo Destacado Es noticia 

La contrareloj por equipos de Verín primera etapa de la Volta Ciclista a Galicia

17 Volta Ciclista a Galicia – Homenaxe a Suso Blanco Villar

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela albergou este martes a presentación oficial da 17 Volta Ciclista a Galicia – Homenaxe a Suso Blanco Villar que este xoves comezará en Verín coa disputa dunha contrarreloxo por equipos, primeira etapa desta rolda.

No acto de presentación da carreira galega que concluirá en Monforte de Lemos o vindeiro domingo estivo presente a Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez que valorou o ciclismo como “un dos deportes máis duros e esixentes e os ciclistas son dunha pasta especial capaces de sobrepoñerse ás adversidades mesmo saíndo fortalecidos”.

Foto ©FGC
Foto ©FGC De esquerda a dereita na foto: Xesús Sueiro (Concejal de Deportes Sanxenxo), Pablo Rivera (Diputado deportes de Lugo), Juan Carlos Muñiz (Presidente FGC), José Tomé (Alcalde de Monforte de Lemos), Marta Miguez (Secretaria Xeral para O Deporte Xunta de Galicia), Jesús Blanco Villar (Exciclista homenajeado);Teniente Rodríguez Cid (Jefe de Movilidad y Seguridad de la Vuelta)

Míguez estivo acompañada no acto polo Deputado provincial por Lugo, Pablo Rivera; o alcalde de Monforte, José Tome; o concelleiro de Deportes de Sanxenxo, Jesús Sueiro e o Tenente da Garda Civil Antonio Rodríguez Cid así como o director da Volta, Guillermo Sande; o ex ciclista e Director Deportivo Jesús Blanco Villar a quen a Volta rende homenaxe nesta edición e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

Para realizar a análise das etapas, Blanco Villar sinalou que “a contrareloxo por equipos que abre a rolda pode ser decisiva porque se tes un mal día déixache descolgado”. O ciclista profesional Gustavo Cesar Veloso comentou que “a segunda etapa con saída e chegada en Sanxenxo pode animar a algunha escapada aínda que o porto decisivo na subida a Armenteira está lonxe de meta”. Outro exciclista como Ezequiel Mosquera falou da terceira etapa en Boiro como un día “propicio para atacar e difícil para defender”. Por último o exprofesional Marcos Serrano especulou coas posibilidades de “decidir a proba na última etapa de Monforte xa que os ciclistas afeccionados sempre pelexan ata o último metro de carreira”.

A Volta 2018 consta de catro xornadas de competición. A carreira comezará este xoves, día 20, cunha contrarreloxo por equipos de 10 quilómetros e saída e chegada en Verín. O venres será a primeira etapa en liña Sanxenxo-Sanxenxo de 148 km. A provincia da Coruña acollerá o sábado a terceira tirada con saída e chegada en Boiro de 150 quilómetros de distancia. A rolda decidirase o domingo na capital da Ribeira Sacra sobre 146 km, que terán salída e chegada na Rúa dá Compañía de Monforte de Lemos.

Un total de 133 ciclistas de dezanove equipos formarán o pelotón das categorías elite e sub23. Seis conxuntos galegos estarán na linea: Grupo Supermercados Froiz, Club Ciclista Rías Baixas, Padronés-Cortizo- Anova, Autronic-Club Ciclista Vigués, Cambre-Renault Caeiro e Team Guerciotti- Kiwi Atlántico.

A representación do resto de España compóñena os asturianos Kuota-Construcións Paulino e Cidade de Oviedo; as formacións cántabras do Gomur, e do Aldro; a estremeña do Bicicletas Rodríguez, os navarros do Lizarte; os madrileños de RH Polartec-Fundación Contador; os valencianos de Gsport Valencia Wolfbike, os tinerfeños do Tenerife Bike Point e os leoneses do Deputación de León – Arte en Transfer.

A nivel internacional, nesta edición destaca a presenza do equipo francés do Delko-A Pomme Marseille que se suma ao conxunto ruso do Lokosphinx e ao Maia Uniao Ciclista de Portugal.

Noticia: Federación Galega de Ciclismo

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.