Iván Feijóo subcampión de España cadete de ciclocross

E Saul Lopez  5º en Sub23, Xiana Conde 11ª en junior e Abel Franco 27º en cadete

Campionatos de España de Ciclocross

Iván Feijoo lucindo o maillot de Galicia no podio do Campionato de España
Iván Feijoo lucindo o maillot de Galicia no podio do Campionato de España

Iván Feijoo conquería o subcampionato de España de Ciclocross Cadete este domingo no parque de Los Pericones en Gijon, nunha mañá moi intensa, con choiva e moito moito barro, o que marcou o desenlace de todalas probas.

Nunha carreira moi intensa, condicionada por un barro que provocaba numerosas caídas e resbalóns dás que Ivan non se libraba, a loita centrouse entre Iván e o catalán Jofrep Cullel. Victoria final polo catalan que se levaba o entorchado nacional.

Iván pecha así una grandísima tempada, na que ademais deste subcampionato, gañou a Copa de España e o Campionato de Galicia.

O outro cadete, Abel Franco, non tivo o seu millor dia no barro, e remataba o 27º despois de ter sufrido varios percances.

En Sub23 Saul López realizaba unha carreira espectacular, e remataba 5º despois de estar pelexando durante toda a carreira por un posto no caixón. Saul quedaba moi perto do podio amosando un gran nivel diante de rivais moi dificiles. Raul González finalizaba o 17º despois de duas roturas de patilla na sua bici cando marchaba nun extraordinario 8º posto e estaba a realizar unha gran carreira.

En Juniors Román Saa tería que retirarse por mor dunha caída.

O sabado Xiana Conde era a 11ª entre as Junior.

Na carreira de Elite Jose Antonio Hermida era o terceiro despois de ter saído nas últimas posicións nunha carreira na que vencía Aitor Hernandez e Javier R. Larrinaga era segundo.

Proba de Team Relay dos Campionatos de España de Ciclocross

A seleccion galega colleitaba este venres no arranque dos Campionatos de España de Ciclocross de Gijon, a medalla de bronce na proba de Team Relay.

Nunha carreira emocionate, na que os galegos entre os que estaba Iván Feijoo, lideraron a proba durante duas voltas, e na que o final entraban en terceira posicion detras de Asturias e Euskadi.

Iván realizaba unha grandisima carreira, marcando o 7º millor tempo de todos os corredores, e o millor tempo dos galegos, perdendo tan so 10 segundos co millor tempo.

Asi pois, un bronce para Galicia e un bronce para Iván Feijoo.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: