Ciclismo Destacado Es noticia 

Iván Feijoo intratable en la Copa Galicia de ciclocross

Completó el fin de semana con victoria en Esmelle (sábado) y Club de Campo (domingo)

Copa Galicia de Ciclocross

A Copa Galicia de Ciclocross tivo dous grandes dominadores durante a dobre cita celebrada na fin de semana en Ferrol. Iván Feijoo (Academia Postal – Actyon – Maceda) e Irene Trabazo (Marín Ottoman) repetiron este domingo no Club de Campo como gañadores das probas raíñas despois de terse imposto o sábado no Val de Esmelle. Os dous sub23 reforzaron os seus liderados nos rankings do certame autonómico.

Os outros gañadores do V Trofeo Ciudad de Ferrol foron Noela Saa (Academia Postal – Actyon – Maceda) e Miguel Rodríguez (Ponteareas) en cadetes; Carlos Canal (Academia Postal – Actyon – Maceda) e Sara Yusto (Bioracer) en juniors; Darío Otero (Compostelano) e Isabel Castro (Condado Bike) en elites; Montserrat Martínez (Viana) nas masters; Andrés Calvete (Cambre – Renault Caeiro) nos masters-30; Juan José Saborido (Compostelano) nos masters-40; e Mario Castro (Cortizo – Anova) nos masters-50/60.

O Club Ciclista Ferrol organizou no Club de Campo da cidade departamental este evento que contou con 300 participantes, un excelente rexistro que ratifica o auxe desta modalidade. O circuíto de Pazos – Serantes é un escenario coñecido polos corredores galegos e volveu respostar ás expectativas. O tempo respetou aos ciclistas e a chuvia no fixo acto de presenza.

Neste inicio da temporada Irene Trabazo está un paso por diante das súas rivais na categoría elite e sub23. A marinense volveu manexar a carreira con comidade e sumou o seu terceiro triunfo noutras tantas xornadas disputadas. A sub23 do Marín Ottoman aventaxou en 1:22 a Isabel Castro e en 1:43 a María José Gómez, corredora elite do Cambre – Renault Caeiro.

Dobrete sub23

Un guión diferente seguiu a competición raíña masculina. O sub23 Román Saa rodou en cabeza nas primeiras voltas, ata que o seu compañeiro de equipo Iván Feijoo o superou e puxo a directa cara o seu segundo triunfo consecutivo. Debutante na categoría, o alaricano venceu cun rexistro de 54:18. A 1 minuto e 37 segundos entrou Román Saa, que selou o dobrete sub23 do Academia Postal – Action – Maceda tras bater ao sprint a Darío Otero, primeiro elite. Quince segundos máis tarde finalizou Adrian Valverde (Rías Baixas), que foi de menos a máis, e fíxose coa cuarta praza co mesmo tempo que Jose Rodríguez (De La Fuente).

Os maillots de líderes da Copa Galicia non cambian de propietarios, salvo nos masters-50/60. Mario Castro é agora o primeiro clasificado na categoría dos máis veteranos. No resto dos rankings mantéñense no máis alto Noela Saa e Miguel Rodríguez en cadetes; Jorge Suárez e Jessica Costa en juniors; Irene Trabazo e Samuel González en sub23; Isabel Castro e Adrian Valerde en elites; Juan José Chapela (Masters Morrazo) nos masters-30; Manuel Armada (Asociación Galega de Ciclistas) nos masters-40; e Montserrat Martínez nas masters.

O certame autonómico vivirá agora unha paréntese de dúas semanas e regresará o sábado 11 de novembro coa súa cuarta proba puntuable, o VI Trofeo Ciclocross Dumbría.

Noticia: Federación Gallega de Ciclismo

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: