Copa Galicai de CiclocrossCiclismo Destacado Es noticia 

Iván Feijoo consolida en Poio a súa hexemonía na Copa Galicia de Ciclocross

I Ciclocross Poio Móvese

A última vez que Poio celebrou unha carreira de ciclocross, aínda non naceran ningún dos dous grandes triunfadores que está deixando a Copa Galicia 2017. Iván Feijoo aumentou a súa conta de vitorias no regreso desta modalidade 22 anos despois ao concello pontevedrés que acolleu a sexta xornada do certame autonómico. O ciclista sub23 do Academia Postal-Actyon-MMR de Maceda e reforzou o liderado nos seu rankings.

O cadro de vencedores do C.C. Madeda no I Ciclocross Poio Móvese completárono Noela Saa en cadetes e Carlos Canal en júniors.

Iván Feijoo rubricou o seu cuarto triunfo no seu primeiro ano como sub23 expremendo a súa potencia na cabeza de carreira de principio a fin. O ciclista de Allariz, cun rexistro de 53:37, venceu con 1 minuto e 19 segundos de vantaxe sobre Darío Otero (Muebles Compostela), que con este resultado recuperou o primeiro posto na xeral elite.

Ese maillot non puido defendelo con éxito Adrián Valverde (Club Ciclista Rías Baixas), terceiro a 1:28 de Feijoo. A loita por completar o podio estivo moi igualada, con seis corredores rematando en menos de 35″. A continuación deles e pechando o top-10 finalizaron os especialistas en estrada Gustavo César Veloso (W52 – FC Porto) e Martín Lestido (Supermercados Froiz), noveno e décimo respectivamente.

Noela Saa recupera o maillot de novo líder

Na cerimonia do podio encargáronse de entregar os premios a concelleira de Deportes de Poio, Marga Caldas, o presidente do Poio Bike Club, Paco Albar, o excampión de España desta modalidade, Pablo Pardilla, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

Entre os corredores que recolleron os maillots de líderes houbo as novidades respecto á xornada anterior do primeiro posto nos elites de Otero e nas cadetes de Noela Saa. No resto do ranking continúan mandando Miguel Rodríguez (Ponteareas) nos cadetes, Jessica Costa (ASC) e Jorge Suárez (Cidade de Lugo – Esturión) en júniors, Trabazo e Feijoo en sub23, Isabel Castro nas elites, Montserrat Martínez (Viana) nas másters, Andrés Calvete (Cambre – Renault Caeiro) nos másters-30, Manuel Armada nos másters-40, e Mario Castro (Cortizo – Anova) nos másters-50/60.

O vindeiro domingo a Copa Galicia cumplirá a súa sétima xornada co I Trofeo Concello de Culleredo.

Noticias relacionadas