Ciclismo Es noticia 

Iván Feijoo acada o bronce no Campionato de España de BTT XCO

Campionatos de España de BTT XC

Iván Feijoo acadaba este fin de semana a medalla de bronce nos Campionatos de España de BTT XC en Cofrentes (Valencia) a onde acudía formando parte da Selección de Galicia, nunha carreira marcada pola dureza do circuíto e a calor que facía.

Iván que partía co obxectivo de voltar a casa con unha medalla, realizaba unha boa carreira xa dende a saída, rodando nos primeiros momentos xunto con vencedor Jofre Cullel, e adquirindo algo de vantaxe sobre o resto de participantes.

Destacar o intenso ritmo na primeira volta, chegando a dala o mesmo ritmo cos elites. A partir da segunda volta, entraba na pelexa polo segundo posto, o corredor local David. Iván non daba mantido o seu ritmo e xa na terceira volta se situaba terceiro, mantendo esta posición ata o final de carreira, e subindo así o podium como medallista de bronce. Iván suma así unha nova medalla nuns Campionatos de España.

Iván Feijoo participaba xa o venres na proba de Team Relay xunto co resto de integrante da Selección de Galicia, e remataban 4º quedando ás portas do podium.

Xunto con Iván  acudía a estes campionatos Saul López. Saul non tiña o seu mellor dia, e finalizando o 36, o que non ven a ensombrecer a súa gran temporada.

 

Noticias relacionadas