Fin de temporada de Mini BTT en Cambre
Mini BTT de Cambre
Este fin de semán remataba unha nova temporada de Mini BTT, coa proba que organizaba o C.C. Cambre, en Cambre, na proba mais antiga do calendario galego de BTT.
Foron un bo número de rapazes e rapazas da Escola Ciclista de Maceda as que tomaban parte na proba, salientando o podium de Iris, e o bo facer de todos eles e elas en cada unha das distintas carreiras nas que tomaban parte.
Con esta temporada se completan 13 anos xa de carreiras de Mini BTT.