ciclocross Iván Feijóo podioCiclismo Destacado Es noticia 

Exhibición de Iván Feijóo en Pontevedra para proclamarse Campeón de España sub23 de ciclocross

Campeonato de España de Ciclocrós – Pontevedra 2020

O ourensán Iván Feijoo volveuse colgar o ouro, tal e como fixera doce meses antes no mesmo escenario, e Irene Trabazo subiu ao segundo chanzo do podio.

A exhibición de Feijoo durou 50 minutos e 57 segundos, un rexistro que lle permitiu gañar con 45” de marxe respecto a Inguanzo. Un segundo máis tarde finalizou Murias, pechando un podio do que se quedaron fóra Cullell e Canal, cuarto e quinto respectivamente. O vigués Adrián Barros, oitavo, foi o mellor representante do trío que presentou a Selección de Galicia. Ángel Maneiro terminou 21º e Óscar Fernández, 23º.

ciclocross Iván Feijóo podio
Foto: Federación Galega de Ciclismo

“Nas dúas últimas voltas decidín arriscar menos do normal para evitar problemas mecánicos”, sinalou o vencedor, que xa pensa nos seus próximos retos: “Sabía que viña moi ben de forma e hoxe tiven boas sensación dende que me subín ao rodillo para quentar. Unha vez cumprido o obxectivo de seguir vestindo a camisola de campión de España, vou polas Copas do Mundo e o Mundial”.

O defensor do título afirmara nos días previos que agardaba unha carreira táctica, pero non deu opción a que os seus rivais despregaran ningunha estratexia. Rodando en solitario, o de Allariz foi ampliando paulatinamente a súa vantaxe mentres por detrás sucedíanse as alternativas na loita pola prata e o bronce.

Carlos Canal, a outra opción galega de medalla, situouse á fronte dos perseguidores na segunda volta. A progresión do ourensán do Burgos-BH freouse por mor dunha caída no terceiro xiro. O de Xinzo de Limia viuse superado nun primeiro momento por Gonzalo Inguanzo (Teika) e Jofre Cullell (Catalunya), e posteriormente por Xabier Murias (Euskadi).

Saúl López, sexto

Tampouco saltou a sorpresa na carreira Elite. O valenciano Felipe Orts (Telkia) proclamouse por segundo ano consecutivo campión de España. Nesta ocasión venceu con 34” de vantaxe. A emoción que faltou na pugna polo ouro hóuboa na batalla polas outras dúas prazas do caixón. O cántabro Kevin Suárez (Nesta) acabou alcanzando a prata por diante do ciclista profesional de estrada Gorka Izagirre (Astana).

Outro vibrante duelo decantouse a prol do ciclista do C.C. Maceda Saúl López, co campión de Galicia outorgándolle unha notable sexta posición á súa selección. O monfortino superou nos metros finais ao biker David Valero (MMR), quen participará nos Xogos Olímpicos de Tokio. Daniel López, co maillot do combinado local, concluíu 14º.

Nova: Federación Galega de Ciclismo

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: