Ciclismo Destacado Es noticia 

El domingo 16, desde el Paco Paz, VIII BTT ‘Cidade de Ourense’ con doble propuesta (35 y 70km)

A VIII Edición do BTT Cidade de Ourense apostará por incrementar a presenza de mulleres nos dous circuítos que sairán do Pazo de Deportes Paco Paz o vindeiro 16 de xuño

A VIII Edición do BTT Cidade de Ourense apostará por incrementar a presenza de mulleres nos dous circuítos que sairán o vindeiro 16 de xuño ás 9:30 horas desde o Pazo de Deportes Paco Paz. “Este ano a organización aposta por fomentar a participación con dúas probas accesibles a todo o mundo”, explicou o concelleiro de Deportes en funcións, Mario Guede, durante a presentación deste evento deportivo.

btt cidade de ourense 2019

O acto tamén contou coa presenza  de Bernardino González, asesor de Deportes da Deputación; de Manuel Pérez, do Servizo Provincial de Deportes da Xunta; e dos organizadores do Club Ciclista Dúas Rodas, que salientaron o bo ritmo de inscrición da proba, que conta xa con máis de 250 persoas apuntadas e que prevé acadar unha participación de 450 deportistas.

Os interesados deberán apuntarse en Ciclosport Gil  (na rúa Arturo Pérez Serantes) ou a través da web http://ccduasrodas.es. Para fomentar a participación feminina as mulleres non terán que pagar a inscrición . O prezo para apuntarse é de 10 euros.

Este ano, ofreceranse aos participantes dúas distancias, de 35 e 70 quilómetros, respectivamente. O circuíto curto terá pouca dureza, cun acumulado aproximado de 600 metros; mentres que o roteiro longo con 1300 metros de desnivel positivo está pensado para bikers máis esixentes.

Desde a organización se resalta que este ano a proba non será competitiva, senón que vai encamiñada a  desfrutar dun percorrido ameno e para atraer a novos afeccionados a practicar esta disciplina deportiva.

Coma nas últimas edicións, a saída e a chegada será no Pazo dos Deportes “Paco Paz”, e haberá varios avituallamentos ao longo do percorrido. AoO remate, e para recuperar forzas haberá empanada e bolos preñados.

Noticias relacionadas