Ciclismo Es noticia 

Difícil xornada para Iván Feijoo nas Junior Series de Gränichen

 

O ciclista ourensán sufriu máis do agardado nun día caloroso sobre un duro percorrido

UCI Junior Series de Gränichen (Suiza)

Iván Feijoo acudía este fin de semana a localidade Suíza de Gränichen para participar na proba da UCI Junior Series. E non lle foi ben a Iván quen, nunha xornada moi calorosa e nun circuíto duro, non tiña o seu mellor día. Xa dende o principio transmitía que as sensacións non eran nada boas, posiblemente pagando a dura semana de selectivo.

Iván remataba no posto 69, lonxe dos postos nos que acostuma a estar na extraordinaria temporada que esta a realizar.

Unha vez rematado o curso académico tócalle proseguir a preparación de cara as vindeiras citas importantes como os Campionatos de España que está xa a un mes vista.

 

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: