Club Ciclista Maceda hace pleno de títulos en el Gallego de ciclocross
Iván Feijoo (Sub23), Saúl López (Elite), Carlos Canal (Junior) e Martín González (Cadete) acapararon os principais títulos en xogo
Campeonato de Galicia de ciclocrós
Iván Feijoo (Maceda) e Irene Trabazo (Marín) coroáronse como Campións de Galicia de ciclocrós na carreira disputada na localidade Pontevedresa de Ciclocrós. Saúl López (Maceda) e Lucía Vázquez (Prorebordosa) tamén brillaron na cita autonómica apenas dez días antes da celebración na capital do Lérez do Campionato de España da especialidade.

Organizado polo Club Deportivo Pinarium e a FGC, o Campionato de Galicia pechou o ano 2018 outorgando ata un total de 16 títulos no circuíto do hipódromo de Campañó. Ante a presenza dun numeroso e animado público, as carreiras resultaron un gran espectáculo deportivo favorecido por un trazado de 2.500 metros apenas castigado polas choivas e que permitiu unhas carreiras moi rápidas e disputadas. Facía moito tempo que un clube non conseguía a victoria nas catro categorías absolutas masculinas, algo que nesta edición fixeron os corredores do Maceda que lograron gañar en élite, sub23, junior e cadetes.
A categoría sub23 marcou os tempos de carreira da proba reina con Iván Feijoo (Maceda) como gran dominador de principio a fin. Tan só Samuel González (Guerciotti) puido plantar cara ao de Allariz aínda que nas últimas voltas non lle foi posible seguir o seu ritmo. Adrián Barros (Ponteraeas) bastante tivo con defender o seu terceiro posto no podio debido ás molestias que arrastra nas últimas dúas semanas. A elite masculina estivo dominada por Saúl López (Maceda) que en Pontevedra sumou a «Triple Coroa» co terceiro título autonómico da tempada e de toda a súa carreira ao sumar os campionatos de ciclocrós aos de cros country e maratón conseguidos no verán. Adrián Valverde (Rías Baixas) tivo que conformarse coa prata ante o empuxe do monfortino a quen cedeu o título que lograse o pasado ano. O ciclista que fose gañador de volta a Galicia e Volta a Coruña en 2017, o padróns Martín Lestido, colgouse o bronce da proba.
Unha aparatosa caída sufrida por Irene Trabazo (Marin) a piques de custarlle o título á marinense. A pesar de todo, a marxe de recuperación permitiulle remontar posicións rapidamente e facerse coa vitoria pero abandonando o recinto con molestias que se confían non lle afecten de fronte ao próximo Campionato de España. A gañadora da Copa Galicia 2018, Zaida González (Roseira) e Marta Vila (Xtrembike) secundaron á de Marín no podio. En categoría elite feminina, a Lucía Vázquez (Prorebordosa) valeulle con cobrar unha mínima vantaxe sobre Mª José Gómez (Cambre) para dosificar o seu esforzo e revalidar o seu título como Campioa de Galicia. A veterana Mª Jesús Barros (Spol) foi terceira.
Carlos Canle (Maceda) pola súa banda non tivo problemas e permitiuse dar un auténtico recital para sumar un novo campionato ao seu palmarés. Canle tardou dúas voltas en desfacerse do seu principal rival, o vigués Jorge Fernández (Ponteareas) que optou por non sacrificar esforzos tentando seguir ao de Xinzo e manter un meritorio subcampeonato no ano do seu debut na categoría junior. Borja Lorenzo (Fundación Óscar Pereiro) selou unha tempada na que foi de menos a máis cun meritorio terceiro posto.
Carla Fernández (Meruelo) chegou ao Campionato de Galicia en mellores condicións que os seus rivais e iso notouse na carreira, a viguesa do conxunto cántabro pegouse á roda de Irene Trabazo na saída e o seu rebufo afastouna do dúo macedano composto por Noela Saa e Andrea García. Saa, que ao cabo sería subcampioa, estaba afectado dun proceso gripal sufrido nos últimos días e que lle paso factura. Para García, gañadora da Copa Galicia, a tempada está a resultarlle longa e a terceira praza do Campionato é unha proba diso.
Martín González (Maceda) e Laura Capa (Marín) venceron nunha categoría cadete na que o máis destacado foi a caída de Miguel Rodríguez (Ponteareas) a poucos metros da saída quitando toda posibilidade de repetir título a un dos principais favoritos.
Nas categorías de master, Alejandro Mesias (Quintena) volveu deixar sen premio a Andrés Calvete (Monte Xalo) en master 30 mentres Manuel Armada revalidaba o título para o conxunto do AGC- Cidade de Santiago sumándose ao logrado polo seu compañeiro Juan Belo na pasada tempada. Marcial Rodríguez tamén repetiu título en master 50 e Manuel González (Bici Ou Con) estreaba o palmarés do ciclocrós galego na categoría master 60. A master 30 Montserrat Martínez (Oiense) e a master 40, Sonia Costoya (Corbelo) vestiron a últimos camisola do ano como Campioas de Galicia.
O acto oficial de entrega de trofeos e medallas estivo presidido polo Delegado Provincial de Deportes @de la Xunta, Daniel Benavides; a concelleira de deportes do Concello de Pontevedra, Anxos Riveiro, o presidente da FGC, Juan Carlos Muñiz, e o responsable do club organizador, Pablo Beis.
PODIOS CAMPIONATO DE GALICIA CX 2018
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
ELITE | Saúl López | Maceda | 1º |
Adrián Valverde | Rías Baixas | 2º | |
Martín Lestido | GD Froiz | 3º |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
SUB23
|
Iván Feijoo | Maceda | 1º |
Samuel González | Guerciotti | 2º | |
Adrián Barros | Ponteareas | 3º |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
ELITE F | Lucía Vázquez | Prorebordosa | 1ª |
Mª José Gómez | Cambre | 2ª | |
Mª Jesús Barros | Spol | 3ª |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
SUB23
F |
Irene Trabazo | Marín | 1ª |
Zaida González | O Rosal | 2ª | |
Marta Vila | Xtrembike | 3ª |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
JR | Carlos Canal | Maceda | 1º |
Jorge Fernández | Ponteareas | 2º | |
Borja Lorenzo | Fundación | 3º |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
JR F | Carla Fernández | Meruelo | 1ª |
Noela Saa | Maceda | 2ª | |
Andrea García | Maceda | 3ª |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
CD | Martín González | Maceda | 1º |
Fabián Rodríguez | Caimanes | 2º | |
Zoe del Río | Marín | 3º |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
CD F | Laura Capa | Marin | 1ª |
Zaira Vila | Coruxo | 2ª | |
Sonia Domínguez | Marín | 3ª |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
M3 F | Montserrat Martínez | Oiense | 1ª |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
M3 | Alejandro Mesias | Quintena | 1º |
Andrés Calvete | Monte Xalo | 2º | |
Oscar Vázquez | OVC Bikes | 3º |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
M4 F | Sonia Costoya | Corbelo | 1ª |
Natalia raña | Corbelo | 2ª | |
Mónica Alarcón | Arcadecycles | 3ª |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
M4 | Manuel Armada | AGC | 1º |
Alejandro Trasbach | Racing | 2º | |
José Antonio Pazos | Chantadino | 3º |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
M5 | Marcial Rodríguez | Quebici | 1º |
José Mª Magariños | Condado | 2º | |
Manuel Castro | Barbanzabike | 3º |
CAT | CICLISTA | CLUB | BETANZOS |
Manuel G. Ojea | Bici o Con | 1º | |
M6 | Antonio J. Fernández | Cambre | 2º |
José Manuel González | Maceda | 3º |