Campións de Galicia de ciclocrósCiclismo Destacado Es noticia 

Club Ciclista Maceda hace pleno de títulos en el Gallego de ciclocross

Iván Feijoo (Sub23), Saúl López (Elite), Carlos Canal (Junior) e Martín González (Cadete) acapararon os principais títulos en xogo

Campeonato de Galicia de ciclocrós

Iván Feijoo (Maceda) e Irene Trabazo (Marín) coroáronse como Campións de Galicia de ciclocrós na carreira disputada na localidade Pontevedresa de Ciclocrós. Saúl López (Maceda) e Lucía Vázquez (Prorebordosa) tamén brillaron na cita autonómica apenas dez días antes da celebración na capital do Lérez do Campionato de España da especialidade.

Campións de Galicia de ciclocrós
Campións de Galicia de ciclocrós 2018 (Foto: Luz Iglesias)

Organizado polo Club Deportivo Pinarium e a FGC, o Campionato de Galicia pechou o ano 2018 outorgando ata un total de 16 títulos no circuíto do hipódromo de Campañó. Ante a presenza dun numeroso e animado público, as carreiras resultaron un gran espectáculo deportivo favorecido por un trazado de 2.500 metros apenas castigado polas choivas e que permitiu unhas carreiras moi rápidas e disputadas. Facía moito tempo que un clube non conseguía a victoria nas catro categorías absolutas masculinas, algo que nesta edición fixeron os corredores do Maceda que lograron gañar en élite, sub23, junior e cadetes.

A categoría sub23 marcou os tempos de carreira da proba reina con Iván Feijoo (Maceda) como gran dominador de principio a fin. Tan só Samuel González (Guerciotti) puido plantar cara ao de Allariz aínda que nas últimas voltas non lle foi posible seguir o seu ritmo. Adrián Barros (Ponteraeas) bastante tivo con defender o seu terceiro posto no podio debido ás molestias que arrastra nas últimas dúas semanas. A elite masculina estivo dominada por Saúl López (Maceda) que en Pontevedra sumou a “Triple Coroa” co terceiro título autonómico da tempada e de toda a súa carreira ao sumar os campionatos de ciclocrós aos de cros country e maratón conseguidos no verán. Adrián Valverde (Rías Baixas) tivo que conformarse coa prata ante o empuxe do monfortino a quen cedeu o título que lograse o pasado ano. O ciclista que fose gañador de volta a Galicia e Volta a Coruña en 2017, o padróns Martín Lestido, colgouse o bronce da proba.

Unha aparatosa caída sufrida por Irene Trabazo (Marin) a piques de custarlle o título á marinense. A pesar de todo, a marxe de recuperación permitiulle remontar posicións rapidamente e facerse coa vitoria pero abandonando o recinto con molestias que se confían non lle afecten de fronte ao próximo Campionato de España. A gañadora da Copa Galicia 2018, Zaida González (Roseira) e Marta Vila (Xtrembike) secundaron á de Marín no podio. En categoría elite feminina, a Lucía Vázquez (Prorebordosa) valeulle con cobrar unha mínima vantaxe sobre Mª José Gómez (Cambre) para dosificar o seu esforzo e revalidar o seu título como Campioa de Galicia. A veterana Mª Jesús Barros (Spol) foi terceira.

Carlos Canle (Maceda) pola súa banda non tivo problemas e permitiuse dar un auténtico recital para sumar un novo campionato ao seu palmarés. Canle tardou dúas voltas en desfacerse do seu principal rival, o vigués Jorge Fernández (Ponteareas) que optou por non sacrificar esforzos tentando seguir ao de Xinzo e manter un meritorio subcampeonato no ano do seu debut na categoría junior. Borja Lorenzo (Fundación Óscar Pereiro) selou unha tempada na que foi de menos a máis cun meritorio terceiro posto.

Carla Fernández (Meruelo) chegou ao Campionato de Galicia en mellores condicións que os seus rivais e iso notouse na carreira, a viguesa do conxunto cántabro pegouse á roda de Irene Trabazo na saída e o seu rebufo afastouna do dúo macedano composto por Noela Saa e Andrea García. Saa, que ao cabo sería subcampioa, estaba afectado dun proceso gripal sufrido nos últimos días e que lle paso factura. Para García, gañadora da Copa Galicia, a tempada está a resultarlle longa e a terceira praza do Campionato é unha proba diso.

Martín González (Maceda) e Laura Capa (Marín) venceron nunha categoría cadete na que o máis destacado foi a caída de Miguel Rodríguez (Ponteareas) a poucos metros da saída quitando toda posibilidade de repetir título a un dos principais favoritos.

Nas categorías de master, Alejandro Mesias (Quintena) volveu deixar sen premio a Andrés Calvete (Monte Xalo) en master 30 mentres Manuel Armada revalidaba o título para o conxunto do AGC- Cidade de Santiago sumándose ao logrado polo seu compañeiro Juan Belo na pasada tempada. Marcial Rodríguez tamén repetiu título en master 50 e Manuel González (Bici Ou Con) estreaba o palmarés do ciclocrós galego na categoría master 60. A master 30 Montserrat Martínez (Oiense) e a master 40, Sonia Costoya (Corbelo) vestiron a últimos camisola do ano como Campioas de Galicia.

O acto oficial de entrega de trofeos e medallas estivo presidido polo Delegado Provincial de Deportes @de la Xunta, Daniel Benavides; a concelleira de deportes do Concello de Pontevedra, Anxos Riveiro, o presidente da FGC, Juan Carlos Muñiz, e o responsable do club organizador, Pablo Beis.

PODIOS CAMPIONATO DE GALICIA CX 2018

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
ELITE Saúl López Maceda
Adrián Valverde Rías Baixas
Martín Lestido GD Froiz

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
SUB23

 

Iván Feijoo Maceda
Samuel González Guerciotti
Adrián Barros Ponteareas

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
ELITE F Lucía Vázquez Prorebordosa
Mª José Gómez Cambre
Mª Jesús Barros Spol

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
SUB23

F

Irene Trabazo Marín
Zaida González O Rosal
Marta Vila Xtrembike

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
JR Carlos Canal Maceda
Jorge Fernández Ponteareas
Borja Lorenzo Fundación

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
JR F Carla Fernández Meruelo
Noela Saa Maceda
Andrea García Maceda

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
CD Martín González Maceda
Fabián Rodríguez Caimanes
Zoe del Río Marín

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
CD F Laura Capa Marin
Zaira Vila Coruxo
Sonia Domínguez Marín

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
M3 F Montserrat Martínez Oiense

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
M3 Alejandro Mesias Quintena
Andrés Calvete Monte Xalo
Oscar Vázquez OVC Bikes

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
M4 F Sonia Costoya Corbelo
Natalia raña Corbelo
Mónica Alarcón Arcadecycles

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
M4 Manuel Armada AGC
Alejandro Trasbach Racing
José Antonio Pazos Chantadino

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
M5 Marcial Rodríguez Quebici
José Mª Magariños Condado
Manuel Castro Barbanzabike

 

CAT CICLISTA CLUB BETANZOS
Manuel G. Ojea Bici o Con
M6 Antonio J. Fernández Cambre
José Manuel González Maceda

 

Noticias relacionadas