Ciclismo Es noticia 

Club Ciclista Dúas Rodas competirá na prestixiosa proba de BTT ‘Marruecos On Bike 2017’

Marrocos On Bike 2017

Os membros do Clube Ciclista Dúas Rodas de Ourense presentaron no salón de plenos do Concello a súa proba número 50, unha das máis ambiciosas da súa historia como organización deportiva: “Marruecos On Bike 2017”, unha carreira de BTT por etapas que se disputa en Marrocos cunha duración de oito días. Unha das probas de maior sona internacional neste mundo deportivo que é o da BTT.

A sétima edición desta proba disputarase entre o 7 e o 14 de outubro e constará de 5 etapas que atravesarán o Atlas e chegarán ás portas do Sahara en Mergouza. En total serán 430 kilómetros de aventura, esforzo, desafío e moita emoción. O Clube Ciclista Dúas Rodas de Ourense levará o nome da nosa cidade e da nosa provincia a esta proba de prestixio mundial, participando por primera vez con 4 membros que parten para Marrocos o martes día 3.

Francisco Gil, Juan Antonio Saínza, José Antonio González e José Manuel Blanco. Este último declaraba que o “adestramento na lama é moi importante para participar na area”, dixo, ao mesmo tempo que “os adestramentos son máis importantes que a proba, xa que o noso obxectivo é rematar”.

Todos eles participarán individualmente nas súas respectivas categorías de Máster 40 e 50, ademais de facelo tamén na categoría por equipos, que contabiliza o tempo dos 3 primeiros de cada equipo.

Desde o Concello e Deputación de Ourense, representados na presentación polo concelleiro de Deportes, Mario Guede, o alcalde, Jesús Vázquez, e o deputado Bernardino González, destácase o feito de levar con orgullo o nome de Ourense por todo o mundo. Así, “non dubidamos en cooperar activamente en apoiar este tipo de iniciativas, que sempre son un valor engadido para a nosa cidade e a nosa provincia”, salientou o rexedor Ourense, Jesús Vazquez.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: