Na mañá do domingo, disputábase en Villarcayo a segunda das citas do fin de semán en terras burgalesas. Unha xornada marcada ao igual que o dia anterior pola calor, nun circuito seco e rápido.

Xiana-Conde-Villarcayo-2014

En junior, Xiana Conde realizaba unha extraordinaria carreira, finalizando 2ª. Deste xeito Xiana voltaba ao podium nunha proba a nivel estatal, reafirmando o bo inicio de temporada que esta a facer. Xiana, que non saáa moi ben, remontaba volta a volta, entrando en meta 2ª detrás da tamén galega Desiree Duarte.

Raul-Gonzalez-Villarcayo-2014

En Elite Sub 23, Raul González voltaba a realizar unha grande carreira entrando en meta, 4º Sub23, e chegando ao sprint co 3º clasificado. Na xeral final do Circuito Deputación de Burgos Raul era o 3º, estreándose así nun podium como Sub23.

En Cadetes, Abel Franco, cando rodaba xa cerca dos 10 primeiros sufría unha caida que lle condicionaba toda a carreira ao danar a cala da zapatilla. O final rematou 28º.

 

Relacionado con: : ,