Ciclismo Destacado Es noticia 

O Ciclocross arrancou coa Copa de Galicia en Marín

Victorias e podios para ó C.C. Maceda

Iván Feijoo e Roman Saa subían o podium na categoría de Sub23 na primeira proba da Copa de Galicia de Ciclocrós celebrada en Marín e que abría a temporada galega de Ciclocrós. Iván , nunha carreira con algúns percances lograba ser 2º en sub23, na súa primeira carreira na categoría, e tamén na absoluta. Román entraba en meta como 3º Sub23, nunha gran carreira. Raúl González era 5º Sub23.

En Femias Cadete, Noela Saa era 1º e polo tanto situábase líder do Open nesa categoría. Aída González era 4ª.

En Cadetes , Marco Nube era 4º, na mentres que Martín González 7º e Brais Fernández 12º na súa estrea na categoría.

En Júnior, Hugo Vazquez era 8º, na súa primeira carreira como júnior. En Femias Junior Antía Martínez era 7ª.

Así pois bo balance na primeira carreira da temporada de Ciclocrós.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: