Ciclismo Es noticia 

Carlos Canal vence en cadetes na Taça de Portugal con Saúl López 6º en elite

Taça de Portugal de Viana do Castelo

Carlos Canal vence en cadetes na Taça de Portugal. Saúl López 6º en elite.

Tanto Saúl López como Carlos Canal se desprazaban ata Portugal para participar na proba internacional da Taça de Portugal de Viana do Castelo.

Saúl López realizaba de novo unha gran carreira tal e como nos ten acostumados este ano. Entraba 6º en meta nesta proba, estando sempre entre os millores.

En Cadetes, Carlos Canal voltaba a vencer unha vez mais esta tempada, na que suma as súas participacións en carreiras  por victorias.

Open de Galicia de Poio

Victorias de Raul Gonzalez (sub23) e Noela Saa (cadetes) no Open de Galicia de Poio

Ademais das victorias de Raúl González e Noela Saa, nas súas respectivas categorías, os xóvenes integrantes do Academia Postal-Actyon-Mmr sumaban ata un total de 6 podiums nas diferentes categorías, na segunda proba puntuable para o Open de Galicia BTT XCO que se disputaba na localidade pontevedresa de Poio.
Román Saa era 2º en Sub23, namentras que Abel Franco tamén era 2º en Juniors.

Xiana Conde tamén entraba en meta no segundo posto en Feminas Elite, e Antía Martínez era 3ª en Cadetes. Así pois os corredores macedáns voltaban a estar a un gran nivel unha xornada máis.

Destacar que tanto Raúl González, como Noela Saa mantéñense ao fronte do Open.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: