OURENSE STRADE TERMAL 2019Ciclismo Destacado Es noticia 

A “Ourense Strade Termal” 2019 reunirá a 500 deportistas

“Ourense Strade Termal” 2019

A marcha cicloturista de carácter non competitivo, que terá lugar o día 7 de abril, ofrecerá tres posibles percorridos.

A segunda edición da proba deportiva “Ourense Strade Termal” reunirá a 500 deportistas o vindeiro domingo, 7 de abril, nesta marcha cicloturista de carácter non competitivo que ofrece aos participantes tres posibles percorridos: gran fondo de 139 quilómetros, medio fondo cunha distancia de 105 quilómetros, e o mini fondo de 70 quilómetros. Todos eles incluirán tramos de terra, perfectamente preparados para a ocasión, e “nunha zona de gran riqueza natural”, sinalou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, na presentación do evento hoxe no Pazo Provincial.

OURENSE STRADE TERMAL 2019

No acto tamén participaron o alcalde da Cámara Municipal de Montalegre (Portugal), Orlando Alves; o gañador de La Vuelta 1986, Álvaro Pino; os alcaldes de Lobios e Muíños, Mª Carmen Yáñez e Plácido Álvarez; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; o director técnico do evento, Serafín Martínez; os representantes de Grupo Caldaria e de Mitsubishi–TAR, Javier Soto e Juan López, respectivamente; e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.

A proba, que comezará ás 9.30 horas de Lobios, celebrarase na localidade de Lobios e nas estradas da provincia de Ourense , con saída e chegada nas instalacións do Hotel Balneario Caldaria.

A alcaldesa de Lobios dixo que esta proba, “ademais da difusión, serve para poñer en valor a natureza do noso territorio”, e é unha mostra máis da “aposta decidida da Deputación de Ourense de desenvolver o rural a través de eventos deportivos que nos permiten darnos a coñecer”. Neste sentido, o alcalde de Muíños dixo que esta iniciativa deportiva é “unha das máis importantes do calendario de actividades “Xurés Experiencie” da nosa comarca, coa participación de 500 deportistas”.

Pola súa parte, Orlando Alves agradeceu á Deputación de Ourense que, a través do Inorde, “nos dea a oportunidade de que a nosa terra estea presente nesta proba”, mentres que Javier Soto destacou a importancia de desenvolver este evento “estratéxico pola súa calidade, ao ser unha proba cun perfil nacional con deportistas de calidade, e que axuda á comarca da Baixa Limia a converterse en destino turístico especializado en eventos ciclistas”.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: