mini btt Carballiño 2019Ciclismo Destacado Es noticia 

A III Mini BTT Concello do Carballiño xuntará 400 ciclistas de toda Galicia

III Mini BTT Concello do Carballiño

Arredor de 400 ciclistas de toda Galicia participarán este domingo na parque municipal na III Mini BTT Concello do Carballiño.

A terceira edición da Mini BTT Concello do Carballiño, que organiza o Club Ciclista Carballiño en colaboración co concello, será a máis concorrida de todas, pois hai ao redor de 400 nenas e nenos inscritos. Trátase de ciclistas con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos procedentes de toda Galicia, pero tamén de Portugal.

Isto supón que, este domingo, 25 de agosto, haberá preto de 1.500 persoas de fóra do Carballiño acompañando aos deportistas e visitando a vila.

mini btt Carballiño 2019

Así o dixo Roberto Rodriguez, presidente do Club Ciclista Carballiño, durante o acto de presentación deste evento, ao que tamén asistiu a concelleira de Deportes, Silvia Baranda, así como o directivo da entidade ciclista carballiñesa Diego Caderno e o o ciclista alevín Marcos Rodríguez, que ten gañado moitas probas de mini BTT por toda Galicia e será protagonista este domingo.

Haberá en total 16 probas, dende benxmín a cadete, e tanto masculinas como femininas, que terán lugar en circuitos do parque municipal adaptados a cada categoría, e nos que compiten tanto nenas e nenos federados como principiantes.

Ao respecto, Roberto Rodríguez destacou que participarán 22 nenos e nenas do Carballiño como unha proba para ver se poden continuar no club e participar noutros eventos, do mesmo xeito que o fixo Marcos Rodríguez, que é xa todo un campión. Tamén dixo que esta proba forma parte do circuito galego de Mini BTT, e que é un evento lúdico-deportivo que, ao tempo que promove a práctica do ciclismo, da a coñecer o parque municipal e a vila do Carballiño, atraendo a moita xente de fóra.

Finalmente, agradeceu a colaboración do concello asi como das firmas
patrocinadoras.

Silvia Baranda, pola súa parte, animou aos veciños a acudir ao parque para presenciar a proba, da que dixo era unha das máis importantes do calendario galego, e disfrutar tanto desta actividade como do entorno natural no que terá lugar.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: