I Gran Premio XCM Estaciones VivasCiclismo Destacado Es noticia 

A Copa Galicia de XCM chega a Baños de Molgas co Gran Premio Estaciones Vivas

Os especialistas do BTT Maratón descubrirán este domingo un novo desafío.

I Gran Premio XCM Estaciones Vivas – 2018

A localidade ourensá de Baños de Molgas acollerá a primeira edición do XCM Estaciones Vivas, terceira das cinco probas que compoñen o calendario da Copa Galicia de Cross Country Maratón 2018. O prazo para anotarse nesta cita organizada polo Orensano C.C. finaliza este xoves ás 22:00 horas.

I Gran Premio XCM Estaciones Vivas

Os participantes percorrerán un circuíto de 33 quilómetros, con 960 metros de desnivel positivo acumulado, ao que se darán dúas voltas. En total, 66 km que vivirán o seu pistoletazo de saída ás 10:00 horas. Tamén hai organizada unha marcha cicloturista na que o reto será completar unha volta.

Despois de que as dúas primeiras xornadas puntuables desta Copa Galicia se celebrarán en territorio lucense, a Transheroica e a Viveiro Bike Xtreme, o certame autonómico chega á provincia de Ourense liderado pola elite Lara Lois (Extol – La Gramola Team) e polo máster-30 Rubén Atrio (Arcadecycles) nas clasificacións xerais absolutas. O resto de rankings están dominados por Esteban Sánchez (Extol – La Gramola Team) nos elites e sub23, por Alejandro Trasbach (Racing Cycling) nos masters-40 e por José Manuel Pérez (Castropol Deporte) nos masters-50/60

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.