Special OlympicsCiclismo Destacado Es noticia 

A 7ª Marcha ciclista unificada Special Olympics une deporte e integración social

Publicado por: Deputacion Ourense

O evento, co que colabora a Deputación de Ourense, celebrarase o vindeiro 3 de outubro en Baños de Molgas.

A 7ª Marcha ciclista unificada Special Olympics, que une deporte e integración social, terá lugar o vindeiro 3 de outubro en Baños de Molgas, unha proba cicloturista para persoas con e sen discapacidade intelectual que terá nos días seguintes a celebración das outras etapas en A Pobra de San Xiao (Lugo), Santiago e Vilagarcía de Arousa.

O evento, co que colabora a Deputación de Ourense, presentouse hoxe no Pazo Provincial e contou coa participación do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Óscar Iglesias; o presidente e o tesoureiro da asociación As Burgas, Antonio Rincón e Serafín Iglesias, respectivamente, e o ciclista, Bruno Seara.

Special Olympics
Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da “7ª marcha ciclista Special Olympcs Galicia”, acto no que participará o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias; o presidente de “As Burgas”, Antonio Rincón; e o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández.

A Deputación de Ourense apoia este evento, destacou Bernardino González, “estando sempre ao carón de iniciativas que, como esta, caracterízase pola súa excelente labor social no ámbito da inclusión das persoas con discapacidade”, e agradeceu o traballo que realizan todos os colectivos implicados. Na mesma liña, o alcalde de Baños de Molgas salientou “a ilusión con que colaboramos con este proxecto, recoñecendo aos participantes e organizadores o esforzo e a superación que amosan nesta xornada e ao longo de todo o ano co seu labor integrador”.

Eladio Fernández dixo que esta iniciativa que empezou hai sete anos como unha experiencia piloto “é hoxe unha proba cicloturista que contará nesta edición con 63 participantes chegados de diferentes puntos de Galicia e mesmo de Valencia e Barcelona, sendo unha actividade única neste ámbito da discapacidade”.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: