Balonmano Destacado Es noticia 

Triple presenza Pabellonista nas seleccións galegas de balonmán

Maria Gonzalez en infantil, Verónica de Cristofaro en cadete e Sandra Sánchez en xuvenil foron convocadas por la Federación Galega de Balonmán

Torneo Galicia-Salnés das categorías xuvenil, infantil e cadete

Un ano máis, e xa vai pola sexta edición, Galicia celebrará o Torneo Galicia-Salnés das categorías xuvenil, infantil e cadete (masculina e feminina). Este ano competirán polo título do torneo as seleccións de Galicia e Asturias, pero ademais participarán equipos de varios clubs galegos, que servirán como “sparring” para as seleccións, cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do mes de xaneiro de 2018 en Vigo e Pontevedra.

En total participarán 26 equipos de seis categorías, que xogarán nos municipios de Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo. As seleccións galegas xa están concentradas dende hoxe e os días 7 e 8 xogarán partidos amigables contra clubs galegos (dunha categoría superior), mentres que o día 9 xogarán contra Asturias, no partido que decidirá o gañador do torneo.

Nas categorías femininas, hai unha representante ourensana en cada categoría, sendo Maria Gonzalez en infantil, Verónica de Cristofaro en Cadete e Sandra Sánchez en Xuvenil.

Estas tres rapaza,s que son as únicas de Ourense na competición, pertencen o Balonmán Pabellón, militando no Nova Xestión Pabellón, e as tres dende pequeñas as ordes de Zarra.

As tres xogadoras, coas suas respectivas seleccións, loitarán polo titulo do torneo do Salnés que serve de preparación para o Campionato de España a celebrarse entre o 2 e o 7 de Xaneiro.

Noticias relacionadas