Balonmano Destacado Es noticia 

CDC Ribeiro presenta su proyecto para disputar la Primera Nacional de balonmano

CARNES DO RIBEIRO – OURENSE PROVINCIA TERMAL

Unha vez remada a tempada 2018/2019 o CDC Ribeiro xa está a traballar de cara a vindeira.

Este martes pasado realizouse, na sede da RFEBM, o sorteo do calendario quedando o equipo de Primeira Nacional encadrado no Grupo A, grupo constituído por 13 equipos galegos e, como novidade, 3 equipos canarios (San José Obrero de Lanzarote, BM Ingenio de Gran Canaria e Bm Tejina de Tenerife). A competición dará comezo o 22 de setembro e o debut será na pista do Balonmán Chapela.

O obxectivo dos de Ribadavia volve a ser a permanencia nun grupo moi competido, onde Balonmán Lalin, Xiria de Carballo e San José Obrero serán os principais favoritos.

Confección da nova plantilla

Dende a finalización da pasada campaña o club está a traballar na confección da plantilla, e a falta de 1 ou 2 xogadores está practicamente pechada.

Como novidades destacar a chegada como adestrador de Félix Mojón procedente do BM Cañiza tamén de Primeira Nacional. A plantilla incorpora a Thiago Barcellos, internacional brasileño na modalidade de balonmán praia que chega procedente do Academia Octavio de Vigo. Xunto a él , procedente do mesmo club, firma o zurdo Yago Rivas.

O club tamén sigue atento o balonmán provincial e procedentes do Campus Ourense chegan Xurxo Carreño e Borja Pérez. Ademais de contar con varios xogadores procedentes das categorias base do propio club.

A plantilla esta citada o dia 30 de Xullo para dar comezo os adestramentos.

Noticias relacionadas