CDC RibeiroBalonmano Destacado Es noticia 

CDC Ribeiro buscará sorprender al Cisne en la Copa Xunta de balonmano

COPA XUNTA DE GALICIA

O equipo senior masculino do CDC Ribeiro disputa este fin de semana os cuartos de final da Copa Xunta de Galicia fronte o Cisne Colegio Los Sauces de Pontevedra , da categoría de División de Plata. O encontro será o Sábado 24 as 18:30 no Pavillón de O Consello de Ribadavia.

Para este difícil encontro, o cuadro local xa dispón da totalidade da plantilla e xa traballan todos o 100%. Tras as boas sensacións trasmitidas polo equipo na eliminatoria anterior na que se enfrontaron ao Bueu Atl o cuadro de Ribadavia aspira a dar a sorpresa fronte a un dos cocos da competición , o Cisne de Pontevedra , equipo que compite na División de Plata , un escalón por encima da competición do equipo ourensá.

Sendo o obxetivo competir e seguir progresando nesta pretemporada , o plantel ten a ilusión de superar unha eliminatoria , o que lle daría acceso  a unha fase final a 4 , onde se enfrontaría cos mellores equipos de Galicia , incluindo equipos historicos coma son o Cangas de Asobal ou o Teucro.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.