Balonmano Es noticia 

Campionato Galego Master de balonmán

Rasoeiro e Bueu desputaron a final de Campionato Galego (Foto: Nacho Rego)

Veteranos Ourense e Ribeiro fóron os representantes do balonmán ouresán

Bueu Atlético Veteranos campión galego máster 2017

O Bueu Atlético Veteranos proclamouse esta fin de semana campión galego máster 2017, ao vencer (14-8) na final, que se disputou en Os Remedios, ao Veteranos Rasoeiro de O Grove.

Derbi lucense na desputa do terceiro posto (Foto: Nacho Rego)

A fase de grupos, na que participaron oito clubs divididos en dous grupos, foi moi competida, sobre todo no grupo B. no que se decidiu o primeiro clasificado por un gol de diferenza a favor do Bueu. No grupo A, o Rasoeiro logrou o pase á gran final ao gañar todos os encontros.

Participación ourensán

O Veteranos Ourense e a ADC Ribero foron os dous clubes que representarían o balonmán ourensán.

Na fase de grupos Veteranos Ourense acadaba un único triunfo (9 a 12 fronte o Meaño) e duas derrotas (1-17 fronte ADC Lugo y 12-8 fronte Rasoeiro). Con estos resultados o cruce da xornada de tarde sería contra Aseplas Cañiza na loita polo 5º posto, que non deixaría escapar o imporse por 15 a 14.

Pola súa banda, o Ribiero no lograba anotarse ningún triunfo o que lles levaba a ocupar a derradeira praza deste campionato galego. O resultados fóron 12 a 13 ante a Cañiza, 16 a 10 ante Lucus, 18 a 11 ante Bueu, que sería o campión galego, e 9 a 13 ante Meaño na loita por evitar pechar a clasificación.

IV Encontro internacional de Balonmano Veterano de Valladolid

O vindeiro fin de semana Bueu Atético e Veteranos Ourense tomarán parte no IV Encontro internacional de Balonmano Veterano de Valladolid, onde se daran cita 24 equipos de España, Portugal e Francia.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: