Balonman-Pabellon-masculinoBalonmano Destacado Es noticia 

Balonmán Pabellón suma sus primeros puntos en Viveiro

Viaxaban os sénior do balonmán pabellon a Viveiro para xogar a terceira xornada da Liga de 1ª autonómica. Ían os ourensáns, con ganas, de que ao terceiro intento, chegara a ansiada vitoria. Comezaron os de Victor Novoa cunha fantástica primeira metade no Municipal de Viveiro. Os ourensáns, plagados de baixas, rozaron a perfección en defensa que permitía que o equipo puidese correr. Imprimiulle un ritmo ao encontro, que os da Mariña non eran capaces de seguir, ata chegar ao descanso cun 8-16.

No segundo acto, os lugueses subiron a intensidade e baixaron o ritmo os ourensáns, o que fixo que pouco a pouco foran os de Viveiro recortando distancia. A pesares diso, os pabellonistas non lle perderon a cara ao partido e non permitiron que se achegasen a menos de dous goles, como o resultado final que foi de 25-27, o que fixo que os dous puntos viñeran para As Burgas.

Este sábado as 16:30 intentarán repetir éxito contra o Seis do Nadal, diante da afección ourensán, pero esta vez, no pavillón de Oira. Ao remate do partido, serano equipo sénior feminino o que loitada contra un dos favoritos este ano na liga galega, o Asmubal Meaña as 18:30 no polideportivo de Oira.

Noticias relacionadas