A Deputación de Ourense entrega mochilas-botiquín para os clubs de Balonmán de Ourense
A Deputación de Ourense entrega mochilas-botiquín para os clubs de Balonmán de Ourense
O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, fixo entrega hoxe ao delegado da Federación Galega de Balonmán en Ourense, José Manuel Pérez Otero, dun lote de mochilas-botiquín, que irán destinadas aos clubs de balonmán da provincia de Ourense. Con este acto, que tivo lugar na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, a Deputación de Ourense quere amosar o seu apoio e colaboración co deporte provincial.
Ademais dos elementos necesarios para curas de primeiros auxilios as mochilas-botiquín están equipadas con férulas hinchables que son utilizadas para inmobilizar determinadas extremidades en caso de lesión. O acto contou tamén coa presenza do presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro; o directivo Lisardo Pérez Fernández; o representante do Comité de Árbitros, Alfonso Canitrot, e o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González.
Aitorcito Alvarez liked this on Facebook.
Centro Medico El Carmen liked this on Facebook.
Cristina García Colomo liked this on Facebook.
Manuel Álvarez Quintana liked this on Facebook.