Baloncesto Es noticia 

Xornada de actualización técnica para árbitros e adestradores ourensáns

A Federación Galega de Baloncesto por medio do seu Comité de árbitros ven desenvolvendo estas accións  formativas

Xornada de actualización técnica para árbitros e adestradores

O Comité Galego de Árbitros, da man da área de Adestradores FGB, programou para hoxe mércores unha charlas explicativa coas actuais Regras de Xogo e as súas modificacións como eixo central.

Farase unha convocatoria deste tipo por cada delegación zonal FGB. Os técnicos do CGAB serán os encargados de trasladar as bases e os detalles desta temática tanto aos propios colexiados galegos como aos adestradores e xogadores que desexen tomar parte. Un programa de participación aberta a todos que deu comezo o pasado martes 12 en Santiago.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: