Baloncesto Es noticia 

Xinzo de Limia acolle a “Xuntanza Minibasket”

A Área Deportiva da FGB renova o formato “Xuntanza” para o seu traballo de tecnificación e avaliación nesta 2017 – 2018.

Xuntanza Minibasket masculina e feminina – 30.09.2017

O Pavillón Municipal desta vila acollerá a un total de 16 equipos que protagonizarán, en horario de mañá e tarde, unha xornada lúdica e deportiva, á marxe do espírito competitivo pero hábil para a avaliación técnica e aprendizaxe.

Coa categoría Minibasket como obxectivo, esta cita anual na que a Federación Galega de Baloncesto reúne aos seus sete combinados zonais, máis dous grupos e xogadores e xogadoras de ámbito autonómico, terá lugar desta volta este mesmo sábado, 30 de outubro, no Concello de Xinzo de Limia.

O calendario de xogo, distribuído en tres pistas diferentes é o seguinte:

10:30 OURENSE Masc – VIGO Masc
10:30 OURENSE Fem – VIGO Fem
10:30 LUGO Masc – SANTIAGO Masc

11:30 LUGO Fem – SANTIAGO Fem
11:30 AROUSA Masc – CORUÑA Masc
11:30 AROUSA Fem – CORUÑA Fem

12:30 FERROL Masc – GALICIA Masc
12:30 FERROL Fem – GALICIA Fem
12:30 VIGO Masc – SANTIAGO Masc

13:30 VIGO Fem – SANTIAGO Fem
13:30 LUGO Masc – OURENSE Masc
13:30 LUGO Fem – OURENSE Fem

16:00 CORUÑA Masc – FERROL Masc
16:00 CORUÑA Fem – FERROL Fem
16:00 GALICIA Masc – AROUSA Masc

17:00 GALICIA Fem – AROUSA Fem
17:00 LUGO Masc – VIGO Masc
17:00 LUGO Fem – VIGO Fem

18:00 OURENSE Masc – SANTIAGO Masc
18:00 OURENSE Fem – SANTIAGO Fem
18:00 AROUSA Masc – FERROL Masc

19:00 AROUSA Fem – FERROL Fem
19:00 GALICIA Masc – CORUÑA Masc
19:00 GALICIA Fem – CORUÑA Fem

 

 

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

A %d blogueros les gusta esto: