obaloncestoeducaBaloncesto Destacado Es noticia 

Valores, educación e igualdade a debate no proxecto «O Baloncesto Educa»

Proxecto «O Baloncesto Educa»

Na mañá do pasado xoves 26 de decembro, ás 12:00 horas, celebrouse na tenda ourensá da multinacional especializada en material deportivo Decathlon un coloquio encadrado no proxecto “O Baloncesto Educa”. Nesta actividade debateuse sobre a importancia da igualdade no deporte, hábitos saudables e valores de equipo.

obaloncestoeduca

Formaron a mesa de debate Millán Brea (Coordinador do proxecto e Educador Social), Bárbara Lamelo (ex xogadora de L2 e profesora), Paula Lema (Árbitro FEB. Grupo 1) e Guillermo Ríos (Árbitro FEB. Grupo 1)

O proxecto www.obaloncestoeduca.com está amparado pola Federación Galega de Baloncesto, a Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia e Decathlon.

Noticias relacionadas